Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 09:57:38 horas

Xornal21.es
Domingo, 28 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG demanda máis recursos na loita contra a violencia de xénero

Coincidindo coa celebración do  25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres,  o BNG da Guarda ven de presentar unha moción no Concello da Guarda, na que solicita á Xunta de Galiza o incremento dos   recursos económicos para a loita contra a violencia de xénero nos vindeiros orzamentos de 2022, así como  o reforzo e ampliación da rede de Centros de Información ás Mulleres.

 

A pandemia da covid-19 está a provocar unha importante crise sanitaria, social e económica que afecta de forma moi intensa a realidade de moitas mulleres, un dos sectores máis afectados da nosa sociedade. Durante todo este período, aínda que invisibilizada, a violencia machista continuou connosco.

 

Esta crise obriga a moitas mulleres en situacións de precariedade económica,  a que non sexan capaces de dar o paso de presentar  unha denuncia. As institucións deberan asumir un papel máis proactivo na detección e intervención fronte a violencia machista. “Sería moi importante recuperar a presencialidade na atención sanitaria, por exemplo, xa que no centro de saúde  pódense detectar moitos casos”. Sinala Bea Lomba, concelleira do BNG.

 

É preciso, polo tanto, abordar a necesidade de fortalecer os medios existentes,  reforzando a rede de Centros de Información ás Mulleres para garantir a cobertura do conxunto do territorio,  así como a dotación dos medios humanos e materiais necesarios para reforzar o cadro de persoal daqueles CIM que  cada día asumen unha maior carga de traballo.
 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.