Sábado, 21 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 20 de Marzo de 2026 a las 22:39:11 horas

Xornal21.es
Viernes, 26 de Noviembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

“Mos no Camiño”, unha nova web que promociona o municipio

A web mosnocamiño.es xa se atopa operativa e foi elaborada polos alumnos/as traballadores/as do Obradoiro Municipal de Emprego “Mocidade no Camiño”

Esta mañá ás 12.00 horas tivo lugar no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a presentación da páxina web “Mos no Camiño”, confeccionada polos 8 alumnos/as traballadores/as do Obradoiro Municipal de Emprego “Mocidade no Camiño” (que rematou o pasado 14 de outubro) da especialidade formativa de deseño de produtos gráficos e multimedia.

 

A web, que xa está operativa na ligazón mosnocamiño.es contén información do Camiño Portugués a Santiago de Compostela ao seu paso por Mos e dos principais lugares de interese histórico, patrimonial, cultural e paisaxístico do Concello de Mos, aínda que non se atopen ubicados exactamente no Camiño.

 

Trátase dun excelente, estético e profesional traballo de deseño gráfico, web, programación, fotografía e vídeo; que aporta unha atractiva visión da localidade mosense como destino turístico, de lecer, interesante para visitar e incluso ser coñecido máis en profundidade pola propia veciñanza.

 

Esta nova páxina web municipal está operativa xa en galego e os próximos días tamén o estará a súa versión en castelán.

 

É unha plataforma moi práctica, intuitiva e de navegación sinxela que inclúe desde consellos prácticos para facer o Camiño, ata Apps para peregrinos, ligazóns de interese, mapas con ubicacións coas localizacións destacadas e/ou recomendadas, descripcións do patrimonio histórico e cultural mosense, material didáctico sobre a historia da orixe de Mos, información útil sobre albergues, etc.

 

Na presentación de hoxe ademáis das concelleiras mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, e de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, tamén estiveron presentes o profesor da especialidade responsable da creación desta estupenda ferramenta dixital, Diego Seixo, e dous alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego na devandita especialidade, Ana Misa e Iván Domínguez.

 

Os 8 alumnos/as traballadores/as participaron e contribuíron activamente na creación desta web. Así mesmo houbo dous que fixeron unha aportación un tanto máis especial como foron Sergio Lorenzo, encargado da edición do vídeo incluído na páxina e Alex Camiña, que compuxo a música orixinal do mesmo.

 

En definitiva, “Mos no Camiño” é unha ferramenta moi interesante tanto para o peregrino como para a propia veciñanza. Xa que inclúe os eventos culturais, sociais, deportivos e musicais que se organizan no municipio, así como lugares de interese en todas as parroquias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.