MOS
O PSOE de Mos afea "uns orzamentos nos que se fai unha aposta polo asfalto"
Maria Victoria Alonso Méndez asegura que os orzamentos do Concello de Mos de cara o vindeiro ano "tan só obteñen o voto favorable do PP. Son uns orzamentos que van contar con un incremento de ingresos de máis de 1 millón e medio de euros. Ingresos que se van cobrar pola revisión catastral, porque o Ministerio de Facenda modificou as condicións de amortización da débeda ampliando os períodos e reducindo as cantidades a amortizar e eliminou a regra de gasto para facer fronte os gastos do covid, e maiores recursos por parte dos tributos recadados por outras administración".
Por parte da bancada socialista, explican que xa presentaron unha moción cunhas propostas para que se tiveran en conta de cara a elaboración do orzamento, propostas "que foron rexeitadas polo PP. Con algunha cuestión a maiores volveron presentalas unha semana despois de poder ver os orzamentos e que non se recolleron". Os socialistas pedían subvencións para escolares, traídas de augas, asociacións sen ánimo de lucro que desenrolen actividades culturais, incluír unha partida para o Castro de Pereiras e implementar caldeiras de biomasa en edificios públicos. "Por segunda vez, o PP rexeitou de forma moi pouco educada estas ideas pedindo que se presentasen antes" explican.
O voto en contra do PSOE de Mos de cara a estes orzamentos ven motivado porque "parten da base que estamos nun momento no que escasean as materias primas, o elevado prezo das mesmas e que a crise provocada pola pandemia segue moi presente, polo que moitas familias, colectivos e veciñanza en xeral precisa do respaldo da administración. Os socialistas consideran que sería o momento de acometer as obras necesarias pero apostar pola igualdade, por habilitar subvencións para as familias, un importante apoio para o comercio local e que sirva para fomentar o desenrolo do mesmo e revertir estes maiores ingresos na veciñanza".
A voceira socialista mostrou o seu malestar no pleno ca postura do goberno de "facer unha aposta polo asfalto cando a situación precisa de maior apoio por parte da institución local cara a veciñanza". Declarou que "non poden votar a favor duns orzamentos que están pensados para a foto e para facer campaña electoral no ano previo as votacións". Alonso quixo recalcar que e"stes maiores ingresos saen dos bolsillos da veciñanza e unha forma de revertir esta situación sería habilitando novas liñas de subvención para diferentes colectivos, ademais de ser unha administración que estaría a carón da xente cuestión que non se produce".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49