Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 03 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta concede un novo un Programa Integrado de Emprego a Salceda

O Concello de Salceda de Caselas ven de recibir unha subvención de 250.000 € da Xunta de Galicia para poñer en práctica un novo Programa Integrado de Emprego de Galicia que beneficiará a 100 persoas desempregadas.
O programa acollerá persoas desempregadas con diferentes perfís e nivel de cualificación. Sendo o servicio público de emprego o que facilitará a selección das persoas participantes, xa que todas elas teñen que estar anotadas na oficina de emprego, aínda que todas as interesadas poden preinscribirse na ligazón: http://ow.ly/TAMu50GX62U ata o venres 3 de decembro.

 

As persoas beneficiarias do programa integrado de emprego participarán nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante a duración do programa. A formación agrupase en tres itinerarios formativos: un sociosanitario, no que se impartirá formación vinculada ao ámbito; un de almacén e transporte, no que se incluirá a obtención de dos permisos de conducir B e C; e un de industria, no que se incluirá formación relacionada coa automoción e procesos de fabricación en xeral. Ademais faranse prácticas formativas en empresas da zona coas que o Concello xa ten establecidos convenios de colaboración: Aceesca, Febeco, Playdesa, Industrias Proa e Sociser Galicia. Tamén colaboran a través de convenios a Asociación de Comerciantes e Industrias de Salceda "ACISA" e a Entidade Urbanística do Polígono de A Granxa. Todo isto para cumprir co compromiso de inserción laboral marcado dun 45%

 

O Concello de Salceda conta co Centro de Desenvolvemento Local O Torrón para levar a cabo este tipo de programas, onde xa se está a desenvolver un obradoiro de emprego dual dende o pasado 22 de outubro, ademais de contar cun servizo de orientación e un técnico de emprego. Dende aquí se xestionará o programa con persoal técnico especializado que atendería ás persoas participantes.

 

Verónica Tourón, alcaldesa e responsable da área de emprego e formación: “Os programas integrados de emprego son unha da políticas activas máis eficaces para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas e reducir o desemprego. No anterior programa integrado executado en Salceda acadouse unha inserción de case un 60% e estou segura de que se cumprirá o obxectivo de novo“

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.