SOLIDARIOS
A Xunta e La Caixa intensifican a colaboración en materia social, científica, educativa e cultural
O titular do Goberno galego e o presidente de Fundación “la Caixa” firmaron esta semana un convenio para que a Xunta e a entidade financeira sigan traballando xuntos na mellora do benestar dos colectivos máis desfavorecidos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Fundación “la Caixa”, Isidro Fainé, firmaron esta semana un acordo marco que intensifica a colaboración entre ambas institucións en materia social, científica, educativa e cultural.
Coa sinatura deste novo convenio, que establece que a entidade dedica a acción social na comunidade un total de 12,5 millóns de euros en 2021, establécese como fin prioritario paliar as consecuencias que a pandemia está a ter, especialmente, na vida dos colectivos máis desfavorecidos: persoas maiores, menores cuxas familias están nunha situación vulnerable, colectivos con necesidades especiais afectados por enfermidades, persoas con discapacidade ou persoas en risco de exclusión.
O documento establece como fin prioritario paliar as consecuencias que a pandemia está a ter, especialmente, na vida dos colectivos máis desfavorecidos: persoas maiores, menores cuxas familias están nunha situación vulnerable, colectivos con necesidades especiais afectados por enfermidades, persoas con discapacidade ou persoas en risco de exclusión
Así, no eido do emprego, por exemplo, o acordo recolle o obxectivo de fomentar a contratación de colectivos con dificultades especiais para atopar un traballo, como persoas con discapacidade, parados de longa duración, mozos en risco de exclusión, mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas migrantes, entre outros. E co fin de fomentar a participación social dos maiores, este colectivo ten a oportunidade de formarse en proxectos de novas tecnoloxías, culturais e sociais a través de centros conveniados.
O acordo tamén contempla accións nos ámbitos educativo e de investigación, e en materia cultural. Neste último eido, cómpre lembrar que a fundación “la Caixa” firmou en 2020 un acordo específico dun total de 5 millóns de euros para apoiar a celebración do Xacobeo, que se trasladou a 2021 e 2022, a causa da situación xerada pola Covid-19; unha colaboración que inclúe tanto o apoio a iniciativas da Xunta como a actividades propias da entidade no marco do Ano Santo.
Por outra banda, seguirase a impulsar o achegamento das humanidades, as artes escénicas e a música a todos os cidadáns, a través da organización de eventos como exposicións ou concertos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136