GALICIA
Os orzamentos da Xunta para o 2022 inclúen o maior investimento da historia para as persoas con discapacidade
A conselleira de Política Social participou onte no acto institucional en conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que o apoio da Xunta á discapacidade tradúcese no maior investimento da historia nos orzamentos do 2022. Os fondos destinados a este ámbito ascenderán aos 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que no ano actual. Onte participou no acto institucional en conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra mañá venres, e no que participaron as entidades que conforman o Cermi Galicia.
A conselleira sinalou que “para que todas as persoas teñan a oportunidade de gozar, de ser distintas, de ser iguais, de ensinar, de superar ou de sumar é preciso contar cunha administración á altura, cun tecido asociativo forte que coñeza as necesidades das persoas con discapacidade” e tamén “é preciso trasladarlle á sociedade que ningunha persoa é igual a outra e que todos temos capacidades diferentes que nos fan diversos e iguais”, afirmou.
Os fondos destinados a este ámbito ascenderán aos 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que no actual ano
Fabiola García apuntou que a Xunta deposita no tecido social galego toda a confianza por demostrar cada día que coñecen á perfección as necesidades das familias e persoas con discapacidade. Neste sentido, lembrou que no vindeiro ano reforzarase esta colaboración ao incrementárense nun 65% os fondos do 0,7% do IRPF ata os 10 millóns de euros e ao creárense 280 novas prazas de atención, que permitirá chegar ás 5600 prazas en toda Galicia.
Erradicar falsos estigmas
Durante a súa intervención, a conselleira tamén resaltou que é preciso erradicar todos aqueles falsos estigmas que aínda seguen circulando na sociedade sobre as persoas con discapacidade, como por exemplo a sobreprotección ou infantilización. Tamén convidou a empregar a terminoloxía axeitada. “Non existen persoas diminuídas, existen persoas con dereitos e con necesidades”, sinalou en referencia ao artigo 49 da Constitución que as entidades levan anos demandando modificar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191