Mos
Torroso, Arrufana, Herville, Outeiro, Monte e parte de Sanguiñeda continúan sen fibra
A fibra de R ou Movistar segue sen chegar así a unha importante parte da poboación mosense
Unha vivenda do Outeiro en Torroso reclama o servizo de internet cunha pancarta
As operadoras de telefonía coma R ou Movistar seguen sen atender as demandas de miles de veciños de Mos que se ven privados do dereito de ter unhas comunicacións acortes co século XXI.
A pesar do recente anuncio da administración local de acometer a principio do vindeiro ano conexións no 82% do territorio, o certo é que, entrado o mes de decembro do 2021, a fibra aínda non chega a unha importante porcentaxe de poboación e empresas ubicadas neste municipio de 15.000 habitantes.
![[Img #72842]](https://xornal21.com/upload/images/12_2021/9706_fibra-xa-mos-protesta-vecinos.png)
Ata o de agora existen zonas coma a Igrexa (Torroso), Arrufana (Louredo), Herville, Outeiro (Torroso), Monte e parte de Sanguiñeda que continúan sen ter acceso a fibra. Tampouco os veciños de Igrexa (Tameiga), Cotiño (Tameiga), Fraela, Castro (Mos), Ameirolongo, Pedrapinta, Santa Marta e Veigadaña. Outras zonas de “sombra” son Os Cabaleiros, Pombal, As Angustias, Piñeiro, tramo inicial da Avenida de Sanguiñeda (Senlle) e Inxertado desde Santiaguiño e parte de Arrufana pasando por As Cortiñas ata a Estrada Nacional 550 entre outros moitos.
A fibra de R ou Movistar segue sen chegar así a unha importante parte da poboación que continúan a reclamar este servizo que pode considerarse xa básico tanto para empresas coma para particulares.
Unha vivenda do Outeiro en Torroso reclama o servizo de internet cunha pancartaAs operadoras de telefonía coma R ou Movistar seguen sen atender as demandas de miles de veciños de Mos que se ven privados do dereito de ter unhas comunicacións acortes co século XXI.
A pesar do recente anuncio da administración local de acometer a principio do vindeiro ano conexións no 82% do territorio, o certo é que, entrado o mes de decembro do 2021, a fibra aínda non chega a unha importante porcentaxe de poboación e empresas ubicadas neste municipio de 15.000 habitantes.
![[Img #72842]](https://xornal21.com/upload/images/12_2021/9706_fibra-xa-mos-protesta-vecinos.png)
Ata o de agora existen zonas coma a Igrexa (Torroso), Arrufana (Louredo), Herville, Outeiro (Torroso), Monte e parte de Sanguiñeda que continúan sen ter acceso a fibra. Tampouco os veciños de Igrexa (Tameiga), Cotiño (Tameiga), Fraela, Castro (Mos), Ameirolongo, Pedrapinta, Santa Marta e Veigadaña. Outras zonas de “sombra” son Os Cabaleiros, Pombal, As Angustias, Piñeiro, tramo inicial da Avenida de Sanguiñeda (Senlle) e Inxertado desde Santiaguiño e parte de Arrufana pasando por As Cortiñas ata a Estrada Nacional 550 entre outros moitos.
A fibra de R ou Movistar segue sen chegar así a unha importante parte da poboación que continúan a reclamar este servizo que pode considerarse xa básico tanto para empresas coma para particulares.






































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49