Sábado, 21 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 21 de Marzo de 2026 a las 17:38:52 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 03 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos asegura que a instalación de fibra "continúa a bo ritmo"

Moitos veciños continúan sen o servizo prometido por R e Movistar

Segundo o Concello de Mos "de xuño a setembro dotouse de servizo a máis de 500 vivendas e a comezos do ano que vén prevese que se atope acometido o 82% do programa de extensión de fibra óptica no municipio"

A comezos do pasado verán dábase desde o Concello de Mos nova do "desbloqueo da problemática na implantación do internet de alta velocidade no municipio. Iniciábase entón o programa de extensión da banda longa en Mos por parte das operadoras R e Telefónica Movistar. Ambas recibiran subvención estatal a tal fin" aseguran.

 

No caso de R o total do programa inclúe 2.200 vivendas e 6.000 habitantes. Entre R e Movistar, unha vez acometida a totalidade do programa, serán 50 núcleos poboacionais das 10 parroquias mosenses os que dispoñan de servizo (a maiores dos 7 que xa o tiñan desde o ano 2019).

 

[Img #72844]

 

Tras os núcleos obxecto de instalación durante os meses de xuño, xullo e agosto, nos que puideron conectarse un total de máis de 500 vivendas, hai novos núcleos con fibra de R ou Movistar, xa instalada o acometéndose a pertinente obra nestes momentos; tal e como hoxe informaban a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Novas Tecnoloxías, Leo Costas. Os devanditos núcleos son: Ansar, Barro, Atín, Coto, Arufe, Igrexa (Cela), Roublín, Casal, Casalmorto, Campo de Eiró, A Florida, As Vides, San Rafael, Balteiro, Arrubial, Estivada, Porteliña, Laxe, Pedraucha, Cotiño (Dornelas), Bosende, Gándara (Mos), A Rúa, Sobrado, Zapateira, Espaín, Pantaño e Louriñó.


Ademais os representantes municipais, Arévalo e Costas, avanzaron que haberá 8 núcleos de poboación nos que se rematará a instalación de internet de banda longa pasadas as festas navideñas. Son os lugares de As Vides, Agueiro, en Tameiga Pazo, Rans e Autovía, As Regadas e Rexenxo.

 

A pesar disto quedan sen desenvolver os núcleos de Os Cabaleiros, Pombal, As Angustias, Piñeiro, tramo inicial da Avenida de Sanguiñeda (Senlle) e Inxertado (desde Santiaguiño e parte de Arrufana pasando por As Cortiñas ata a Estrada Nacional 550), os traballos están previstos para executarse durante o primeiro trimestre do vindeiro ano 2022.

 

Tardanza nas obras

Moitos veciños e empresas das zonas afectadas pola falta de rede de fibra amosan o seu malestar pola tardanza na execución destes traballos, sobre todo as numerosas empresas que se ven privadas de competir no medio rural pola falta de comunicacións axeitadas en Mos.

 

Doutra parte existen outros 8 núcleos donde a instalación é máis complexa por temas técnicos ou por ser necesarias licenzas previas de Fomento, polo que a acometida será algo máis lenta pero que se desbloqueará previsiblemente a comezos de ano. Son os núcleos de Igrexa (Tameiga), Cotiño (Tameiga), Fraela, Castro (Mos), Ameirolongo, Pedrapinta, Santa Marta e Veigadaña.

 

“Cando se terminen todas estas zonas, a primeiros de 2022, Mos estará ao 82 por cento de cobertura de fibra” explicaron rexedora local e edil de Novas Tecnoloxías, “mentres que en xuño do 2021, cando se iniciou o despregamento que empezamos nesta fase, estabamos ao 10 por cento”, declararon satisfeitos pese a demora do inicio dos traballos. “Ademais, a maiores, estamos a traballar con Movistar para poder levar o PEBANG 2022 a zonas brancas de Mos como son Arrufana, Herville, Outeiro, Monte e o tramo restante da Avenida de Sanguiñeda”, informaron Nidia Arévalo e Leo Costas, “e se conseguimos realizar estas zonas, rondaremos xa o 90 por cento da instalación de internet de banda longa acometida en Mos, e xa só quedarán zonas pequenas que se conectarán pouco a pouco ou non o farán pola súa dispersión”. Neste senso é importante recalcar o traballo do Concello, axilizando permisos, cambiando postes, facilitando solucións aos problemas cos que se atopan as subcontratas dos operadoras, etc.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.