Sábado, 02 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 21:56:01 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 04 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

As deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo garanten o apoio dos GES

Piden á Xunta que se prorrogue por un ano o actual convenio e durante ese tempo consensuar, dende a lealdade institucional, un novo modelo para conseguir un servizo profesionalizado e cun sistema de contratación que se adapte á lexislación vixente

As Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, A Coruña volveron garantir na reunión da comisión de seguimento dos GES celebrada este venres o seu apoio á prestación do servizo, así como a súa firme vontade de avanzar no deseño dun novo modelo de funcionamento. Subliñan que non se trata de poñer en cuestión o servizo, senón de mellorar o sistema de prestación.

 

Os entes provinciais coincidiron en apostar pola substitución do actual modelo por outro que avance na profesionalización dos GES e que modifique o actual marco laboral do persoal. Neste sentido, na reunión propuxéronlle á Xunta de Galicia prorrogar por un ano o convenio actual, en vigor ata finais deste 2021, e durante ese tempo buscar e consensuar, dende a lealdade institucional, un novo modelo que garanta un servizo profesionalizado e que evite a fraude na contratación por parte dos concellos por mor do incumprimento da lexislación laboral, tal e como xa acreditan reiteradas sentenzas xudiciais. Estes ditames demostran que non é posible manter un sistema que leva a perpetuar vicios e irregularidades que se coñecen de antemán.

 

Polo que respecta ao marco de financiamento, os representantes das Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo lembraron que as administracións provinciais duplicaron as súas contribucións porcentuais no período 2019-2021, polo que reclaman que o modelo non supoña novos incrementos. Neses anos, a contribución provincial pasou de significar o 20% do orzamento dos GES ata chegar a un 40%, mentres a Xunta reducía a súa participación do 60 ó 52%.

 

Os tres entes provinciais reclamaron á Xunta que acabe cos intentos de imposición e que adopte unha actitude de diálogo porque todo convenio de colaboración leva implícito un acordo entre as partes. Tamén reclaman que o Goberno autonómico teña en conta a opinión e a vontade dos concellos, e que non tome decisións unilaterais.

 

Neste senso, destacaron que a Xunta non explicou aínda por que o GES que estaba decidido crear en Baleira finalmente non se constituíu e, sen embargo, intenta impoñerllo á Fonsagrada, cando este Concello manifestou que non está en disposición de acollelo. Do mesmo xeito, piden que se teña en conta a petición dos concellos de Folgoso de Courel e de Quiroga para manterse como sub-bases con 6 efectivos cada unha, así como o desexo de Ribas de Sil de contar con outra sub-sede na localidade.

 

Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra lembrou o desexo de que o grupo de emerxencias do Grove se incorpore ó sistema GES en igualdade de condicións, como un GES completo de 12 membros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.13

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.