Provincia de Pontevedra
Aberto o prazo de inscrición para o I Foro Euro Mediterráneo-Américas
As persoas que desexen participar neste encontro, de xeito presencial ou telemático, xa poden anotarse no sitio web de Turismo Rías Baixas
A dirección da Ruta dos Fenicios elixiu á provincia de Pontevedra como lugar para realizar o en recoñecemento ao labor que a Deputación está a levar a cabo en promoción dos distintos recursos deste itinerario. Deste xeito, os días 13 e 14 de decembro o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acollerá este foro que busca o impulso dun turismo cultural e social arredor da ruta, que conecta o océano Atlántico e o mar Mediterráneo a través da arqueoloxía.
As persoas que desexen participar nestas xornadas poderán facelo de xeito presencial -con 70 prazas dispoñibles- ou en liña, posto que serán retransmitidas en streaming. Nelas falarán expertas e expertos de diferentes lugares como Chipre, México ou Suíza, que xerarán un diálogo intercultural ao que tamén poderán unirse todas as persoas que o desexen con tan só encher un formulario de inscrición no sitio web de Turismo Rías Baixas (https://turismoriasbaixas.com/gl/inscripcion-i-foro-euro-mediterraneo-americas), onde que se realizarán as reservas de asistencia presencial e telemática.
O programa deste foro articúlase en ponencias, conversas e mesas redondas que xirarán ao redor de conceptos como o turismo social e cultural, o patrimonio, a cooperación cultural ou a diáspora, todo isto ligado á Ruta dos Fenicios e a todo o entramado social que se artellou ao seu redor. Deste xeito, a acción enmárcase dentro do Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023 da Deputación de Pontevedra, onde se recolle o impulso ao turismo científico como actividade sostible e socializadora das comunidades locais cos visitantes.
A Ruta dos Fenicios abarca a conexión xurdida nas grandes rutas náuticas que foron empregadas por este pobo como canle de intercambio comercial e cultural. Atravesa 18 países de 80 cidades e tres continentes, entre os que se atopa a provincia de Pontevedra onde foron descubertos restos fenicios en xacementos como os da Lanzada (Sanxenxo), O Facho (Cangas) ou o Muíño do Vento (Vigo) sendo o territorio máis meridional da Ruta, ademais de ser o primeiro alleo ao Mediterráneo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175