Galicia
Mariano Rajoy presenta o seu libro: Política para adultos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este pasado venres o modelo de Galicia como a proba da capacidade da estabilidade, a centralidade e a política útil para acadar prosperidade.
Foi durante a presentación do libro de Mariano Rajoy, Política para adultos, Feijóo apelou deste xeito á política que bebe de principios pero non de dogmas, que non minusvalora a intelixencia do cidadán corrente ofrecéndolle milagres imposibles e que recorre ás traxectorias e os coñecementos acreditados. “Unha política, en fin, para adultos”, aseverou, destacando que o nocivo é a substitución da política adulta por outra que manifesta medo a gobernar as cousas importantes, e unha especial predilección por remover consensos básicos e abrir feridas xa pechadas.
Nesta liña, incidiu en que a política para adultos non é algo anacrónico, pasado de moda ou propio doutras épocas. “É unha necesidade”, asegurou, subliñando que resulta anómalo que a responsabilidade que se exerce todos os días nos traballos, na vida privada, “na xestión cotiá dos nosos intereses”, non se traslade á vida pública e estea ausente dos asuntos de goberno.
Ao longo da súa intervención, o titular do Goberno galego animou á lectura desta nova obra porque nela, dixo, atópase unha guía para seguir legando aos galegos e aos españois de mañá unha democracia madura e solvente.
“A política para adultos nunca se pon por riba do principio da realidade”, afirmou, facendo fincapé en que este libro xustifica a súa vixencia porque na actualidade “sobran discursos que antepoñen a doutrina ao feito”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191