Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 12:35:54 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 10 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova edición do programa Pontegal

O goberno provincial vén de aprobar as bases para que asociacións sen ánimo de lucro e entidades locais menores poidan solicitar actuacións dos grupos e compañías inscritos no Catálogo Pontegal cara 2022

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova edición do programa Pontegal, que ten por obxecto promover que o tecido asociativo da provincia poida levar a cabo actividades no ámbito das artes e a cultura e ao que a institución vai destinar no vindeiro 2022 un orzamento de 600.000 euros. Deste xeito, a Xunta de Goberno vén de aprobar as bases que regularán a concesión das solicitudes, que poderán facer asociacións e entidades locais menores, para programar actuacións de grupos e artistas da provincia no seu territorio no vindeiro ano.

 

Poderán solicitar actuacións dos grupos, artistas e compañías que estean inscritos no Catálogo de grupos Pontegal, que a Deputación promove a través da súa web e que reúne na actualidade a 1.235 artistas de diferentes disciplinas culturais. Entre elas, de animación infantil, audiovisuais, baile moderno, ballet, bandas de gaitas, bandas de jazz, bandas de música, cantautores e cantautoras, charangas, grupos de gaitas, grupos de playback, grupos folclóricos, grupos folk, grupos músico vocais, grupos pop rock, humoristas, corais, artistas de maxia, música clásica, orquestras clásicas, outros folclores, pandereteiras, poetas, rondallas e compañías de teatro.

 

Unha vez publicadas as bases no Boletín da Provincia, as solicitudes presentaranse obrigadamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na Sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal). Terán que presentarse cunha antelación de máis de 20 días naturais con respecto á data de realización da actuación.

 

O pasado 2020 e a pesares da pandemia, leváronse a cabo más de 300 actuacións no marco de Pontegal en distintos concellos da provincia, e neste 2021 realizáronse preto dun millar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.