PROVINCIA
A 7ª Edición do Practicum Depo permitirá realizar prácticas labrorais a 90 persoas e 9 docentes
A institución provincial desenvolve este programa, que cofinancia o SEPIE, cun investimento dun millón de euros
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a sétima edición do proxecto Practicum Depo, que permite a persoas tituladas e docentes de FP realizar mobilidades no estranxeiro para impulsar a súa integración no mundo laboral a través de prácticas laborais en empresas e institucións no caso do alumnado e para ampliar a súa formación no do profesorado. A Xunta de Goberno vén de dar luz verde á esta nova quenda do proxecto, enmarcado no Programa Erasmus +, cun orzamento dun millón de euros e que está cofinanciado na súa maior parte polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación).
Nesta sétima edición participarán 38 centros de Formación Profesional da provincia. Deste xeito, a través do programa serán 90 persoas recentemente tituladas en ciclos medios pertencentes a distintas familias profesionais as que poderán beneficiarse dunha mobilidade de longa duración (182 días), e 9 os e as docentes que desfrutarán dunha estadía de 8 días para ampliar a súa formación. As e os beneficiarios serán seleccionados polos 38 centros educativos que participan no Practicum Depo e poderán realizar as súas mobilidades en países como Irlanda, Alemaña, Bélxica, Grecia, Irlanda, Italia, Portugal, Malta, Francia, Finlandia, Países Baixos, Polonia, Romanía ou Islandia.
O alumnado beneficiario destas axudas, de 38 centros da provincia, poderá realizar prácticas laborais en empresas e institucións de Irlanda, Italia, Portugal, Portugal, Malta, Francia, Finlandia, Países Baixos, Polonia ou Islandia entre outros países
Amais, concedeuse unha partida específica de apoio á inclusión das persoas participantes. Deste xeito, reservarase ao redor do 15% das bolsas ofertadas ao alumnado con menos oportunidades. Con este financiamento preténdese salvar as barreiras que poidan dificultar a súa participación no proxecto, como as diferencias culturais, obstáculos sociais, económicos ou outros obstáculos vinculados á discriminación.
Desde a posta en marcha do Practicum Depo no ano 2015 a Deputación de Pontevedra impulsou un total de 514 mobilidades, 493 de estudantes e 21 de persoal docente, que permitiron mellorar a súa capacitación a través da experiencia vital e formativa no estranxeiro propiciada polo programa. O investimento total foi de 6 millóns de euros, dos que 5 foron aportados polo SEPIE e preto dun millón pola institución provincial.
Hai que lembrar amais que a Deputación conta cunha Acreditación Erasmus no ámbito da educación na Formación Profesional, un certificado de calidade que facilita ter acceso simplificado ás oportunidades de financiamento durante a duración total do novo programa. Este feito permitirá á institución provincial seguir a avanzar no Practicum Depo, coa posibilidade de establecer unha estratexia propia a largo prazo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91