• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Domingo, 23 de Agosto de 2026

Actualizada Sábado, 22 de Agosto de 2026 a las 22:50:36 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

      O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

      Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

      Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • 'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

      'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

      El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Domingo, 12 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
VIGO

Realidade virtual para reducir o estrés do alumnado

A EET contará cun ‘lugar de descanso’ para que os estudantes se relaxen nunha contorna virtual

A UVigo será unha das primeiras a nivel mundial en empregar a realidade virtual para reducir a ansiedade e o estrés do alumnado universitario. Farao como socia do proxecto europeo VRxanny, Virtual reality for anxiety and mental stress reduction in university students, un traballo financiado polo programa Eramus+ con 300.000 euros, liderado pola Universidade Politécnica de Lodz en Polonia e do que tamén forman parte a Universidade de  Lodz e a Tartu Ulikool, o centro de ensino superior máis antigo de Estonia. Este mércores e xoves tivo lugar en Lodz a reunión de lanzamento do proxecto e nela contouse coa participación do profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Íñigo Cuiñas, un dos once investigadores da Universidade de Vigo que forma parte do equipo de traballo encargado da posta en marcha e desenvolvemento do proxecto.

 

Trátase de mellorar o benestar do alumnado que padece estrés e ansiedade, sobre todo ante os exames ou a presentación de traballos, e para logralo prevese a creación dos denominados ‘lugares de descanso’ no que as alumnas e os alumnos poidan relaxarse –por exemplo, xusto antes do exame- nunha contorna virtual. “O deseño parte de espazos con tres postos de actividade con realidade virtual e cada un deses postos deberá estar equipado con sistemas de mobilidade, imaxe e audio que permitan que a experiencia sensorial sexa completamente inmersiva, o que lles facilitará abstraerse do mundo que os rodea”, explica Íñigo Cuiñas, ao que engade que a aplicación terá escenarios e actividades que fomenten a relaxación e o benestar.

 

O proxecto está financiado polo programa Erasmus+ con 300.000 euros e prolongarase ata finais de 2023. As actividades arrancaron esta semana coa reunión de lanzamento e, a partir de agora, levarase a cabo o deseño da aplicación de realidade virtual, a adquisición do equipamento para os tres postos que se crearán en cada universidade participante, as probas reais con estudantes e as diferentes actividades de difusión da iniciativa.

 

A UVigo participa en todos os módulos do proxecto

A UVigo participa en todos os módulos do proxecto. Colaborará coa Politécnica de Lodz no desenvolvemento da aplicación de realidade virtual para reducir o estrés, coordina as tarefas de empatía cos estudantes, baseadas en Design Thinking, para o deseño dos espazos de descanso, e participará co resto do consorcio nas probas da aplicación en situacións reais e en todas as actividades que se organicen, principalmente dirixidas aos estudantes. “Ademais, teremos unha boa responsabilidade na documentación e na difusión dos resultados, a nivel científico e pedagóxico, pero tamén a nivel social”, explica o investigador vigués, quen leva varios meses vivindo en Lodz realizando unha estadía co grupo da Politécnica participante en VRxanny. “De feito, a coordinadora do proxecto, a profesora Dorota Kaminska, é a responsable da miña estadía aquí”, explica Cuiñas.


En canto aos participantes, o grupo de traballo da UVigo está formado por once persoas. “É un equipo multidisciplinar, aínda que con máis peso por parte da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e do centro de investigación atlanTTic: hai persoas dos departamentos de Teoría do Sinal e Comunicacións, Enxeñaría Telemática, Deseño na Enxeñaría e Didácticas Especiais”, salienta Cuiñas, quen tamén apunta que se trata, ademais, “dun equipo equilibrado en canto ao xénero: cinco mulleres e seis homes; e cunha banda de idade entre os 45 e o 55 anos”.

 

O foco está posto no alumnado que o pasa mal antes dos exames

O foco do proxecto está posto en axudar a aqueles estudantes que o pasan mal ante os exames, as probas prácticas ou as presentacións de traballos, que lles xeran inquietude e estrés, aínda que non ata niveis patolóxicos, pois nese caso xa se falaría de persoas diagnosticadas e controladas con supervisión de especialistas por situacións graves de ansiedade ou estrés.

 

A previsión é deseñar para eses estudantes, “que non xestionan de todo ben os seus picos de traballo ou estrés”, toda unha serie de exercicios ou actividades a desenvolver nun mundo virtual, paralelo, que lles poidan axudar a relaxarse ante este tipo de situacións. “Penso que a maioría do noso estudantado pode atoparse nalgún intre nesta situación”, indica o responsable vigués do proxecto. “É por iso que consideramos que este traballo ten unha ampla aplicabilidade e pode resultar proveitoso para os participantes nas diferentes actividades e tamén de cara aos anos vindeiros”, recalca Cuiñas.

 

Unha colaboración que vén de longo

A colaboración dos investigadores de atlanTTic co equipo da Politécnica de Lodz vén de lonxe. No caso concreto do profesor Iñigo Cuiñas comezou hai seis anos, cando participou no proxecto Erasmus+ DiamonDT, que permitiu incorporar metodoloxías de Design Thinking nalgunhas materias impartidas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. “O proxecto tivo impacto en toda a Universidade, xa que como consecuencia deste creouse un curso de formación de profesorado en Design Thinking que se impartiu en cinco ocasións, con edicións nos tres campus, e varios obradoiros de Extensión Universitaria sobre a temática”, explica Cuiñas.

 

“Considero que a participación neste proxecto é consecuencia da continuidade na colaboración e da confianza mutua co grupo de Lodz, que é quen tivo a iniciativa, quen nos convidou a participar, e quen ten máis experiencia no desenvolvemento de aplicacións de realidade virtual. Dalgún xeito, encaixa coa experiencia previa de realización de proxectos centrados nas persoas, nos usuarios finais, e non no desenvolvemento en si mesmo”, recalca o coordinador vigués do proxecto, quen ten previsto regresar de Polonia o vindeiro mes de febreiro.

 

Noticia anterior:
Política Social fai balance coa Fundación Emaús Vigo as actividades realizadas en 2021
Noticia siguiente:
O CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado no concurso ‘Pilabot‘ da Xunta
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.120

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

El verano en redes sociales: cuando la comparación roba el descanso

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Agenda

Agosto 2026
LunMarMieJueVieSabDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Galicia

El Camino del Litoral pone en valor los 2.500 kilómetros de costa gallega

El Camino del Litoral pone en valor los 2.500 kilómetros de costa gallega

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

Provincia

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

Deportes

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Motor

Massi Sonic RC estrena un motor Polini de 650 W en su edición limitada

Massi Sonic RC estrena un motor Polini de 650 W en su edición limitada

Salud

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

Turismo

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Viajes largos en personas mayores: cómo prepararlos para llegar con más seguridad

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Política Social fai balance coa Fundación Emaús Vigo as actividades realizadas en 2021

O CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado no concurso ‘Pilabot‘ da Xunta

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder