REDONDELA
Digna Rivas estará na nova Executiva Nacional de Galicia do PsdeG-PSOE
Leonardo Cabaleiro, secretario xeral dos socialistas redondeláns, pasará a formar parte do Comité Nacional
O PSdeG-PSOE redondelán vén de amosar a súa satisfacción trala incorporación de Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, á Executiva Nacional de Galicia na que asumirá as tarefas da Secretaría da Área de Maiores. Pola súa banda, o actual secretario xeral do PSdeG-PSOE de Redondela, Leonardo Cabaleiro, pasará a formar parte do Comité Nacional.
A incorporación de Digna Rivas na Executiva de Valentín González Formoso e de Leonardo Cabaleiro Couñago no Comité Nacional, “mantén a importancia e o peso específico que Redondela tiña xa na anterior executiva galega de Gonzalo Caballero, con Eduardo Reguera e Olga Rodríguez Puga”.
As e os socialistas redondeláns expresaron o seu convencemento que “a presenza de Digna Rivas na secretaría da Área de Persoas Maiores, contribuirá á achega de novas ideas para seguir avanzando na mellora da calidade de vida das e dos nosos maiores”.
A propia Digna Rivas “que agradeceu a confianza do PSdeG-PSOE e do seu secretario xeral, González Formoso”, subliñou que “as e os socialistas fomos sempre abandeirados de políticas sociais pioneiras e nesa liña seguiremos a traballar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17