Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Xornal21.es
Lunes, 13 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación e a Universidade de Vigo asinan un convenio para estudar o efecto dos microplásticos

Carmela Silva amosouse preocupada polo dano que causan os microplásticos e que afecta de xeito directo á riqueza produtiva das rías así como á saúde das persoas

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo volven a sumar sinerxías a través dun novo convenio que permitirá ampliar o estudo sobre as implicacións medioambientais e o efecto que teñen os microplásticos nos ríos da provincia. Así o anunciaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o reitor da universidade, Manuel Joaquín Reigosa, no acto de sinatura deste acordo –que conta cun orzamento de 20.000 euros– no que ambos mostraron a súa satisfacción por poder poñer o coñecemento ao servizo da sociedade. A firma tivo lugar na sede de Vigo da Deputación, onde tamén estivo presente a deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas.

 

Tal e como indicou Carmela Silva, este convenio chega para dar continuidade ao asinado en 2020 “sobre microplásticos na auga e na comunidade de invertebrados nos ríos Lagares de Vigo e Gafos de Pontevedra” e ten por obxecto coñecer de preto “a influencia que poidan ter os microplásticos nun sector como é o da pesca, fundamental para a nosa economía, e moi particularmente na saúde das persoas”. Tamén puxo de relevo o feito de que na provincia “temos unha zona costeira cunha gran riqueza produtiva, e temos que estar moi atentas e atentos porque os microplásticos, sen dúbida, son unha grande ameza para os sectores pesqueiros e marisqueiros”.

 

Neste senso, a presidenta remarcou que “unha das nosas grandes fortalezas é a calidade do produto, e para acadala temos que coidar os ecosistemas nos que se desenvolve”. Para Carmela Silva “ter coñecemento e información sobre como poden influír estes microplásticos é fundamental para poder tomar decisións e para que o conxunto da sociedade tome conciencia desta situación”. Por este motivo anunciou que “tan pronto estea rematado o estudo daremos a coñecer a información que se teña elaborado e tamén planificaremos medidas para poder dar resposta á situación que se nos formule”.

 

 

 

 

O reitor da Universidade de Vigo agradeceu o “empuxe da Deputación para facer este tipo de estudos, que son importantes para a sociedade”

 

 

 

 

Na súa intervención Carmela Silva lembrou outros moitos convenios asinados coa Universidade de Vigo vinculados a eidos como a cultura, o medio ambiente, a igualdade entre homes e mulleres –os cales destacou de maneira particular– ou a promoción da actividade económica. Deste xeito, as moitas das iniciativas provinciais están estreitamente vencelladas ao traballo que se realiza nas aulas universitarias e “incluso moitos dos proxectos que presentamos a fondos europeos e que teñen que ver coa recuperación do medio ambiente parten do coñecemento que nos aporta a universidade”.  Neste senso, a Deputación de Pontevedra está a presentar moitos proxectos á Unión Europea vinculados “co mundo rural, agrario e pesqueiro” para converter a provincia nunha “referencia de traballo, respecto ao medio ambiente e coñecemento”.

 

Pola súa banda, o Reitor Manuel Reigosa amosouse satisfeito pola colaboración entre as dúas institucións para poder poñer “á disposición da sociedade o talento que hai nos nosos laboratorios e aulas”, e agradeceu “o empuxe da Deputación para facer este tipo de estudos, que son importantes para a sociedade”. O reitor da Universidade de Vigo tamén  fixo fincapé no eixo principal do convenio asinado e asegurou que “hai que investigar e coñecer como están os nosos ecosistemas, e que mellor obxecto de empezar que os ríos, que nos poden dar unha medida da súa saúde”. “Creo que é un enfoque moi positivo desde o punto de vista científico”.  

 

A presenza de microplásticos en masas de auga é un dos principais problemas ambientais. O ser humano ten producido 8.300 millóns de toneladas métricas de plástico desde 1950, unha cifra que ten graves consecuencias como o feito de que no mar existan 51.000 millóns de partículas microplásticas. Este problema tamén afecta o reino animal onde, por exemplo, o 90% das aves mariñas teñen fragmentos de plásticos nos seus estómagos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.