Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 12:35:54 horas

Xornal21.es
Jueves, 09 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carlos Font cualifica de “impúdica, infame e noxenta a campaña orquestrada do PP contra Carmela Silva"

O deputado lamentou “ataques furibundos que non se poden consentir contra unha persoa absolutamente honesta como é a presidenta da Deputación que só se entenden nun partido condenado por corrupción e que se move habitualmente no lixo”

“O Partido Popular, como ven sendo habitual, quere converter a política nun depósito de lixo porque só dun partido que adoita moverse nos verquidos pódese esperar a impúdica, infame e noxenta campaña de persecución contra unha persoa absolutamente honesta como é a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva”. Así se pronunciou hoxe o deputado Carlos Font, que denunciou  “ataques orquestrados, furibundos, baseados en calumnias e mentiras, que se saltan a legalidade á toreira e que só queren poñer o foco na presidenta provincial porque a temen politicamente”. “Evitamos valorar esta situación para tentar non contaminar máis a vida política pero todo ten un límite, engadiu, ata aquí chegamos e estudiaremos todas as medidas e de todo tipo a tomar para facer fronte a estas calumnias”.

 

Font lembrou que “hai unha sentencia clarísima, que todo o mundo coñece, que demostra que a presidenta da Deputación non ten implicación algunha no caso, que non foi investigada, nin imputada, que nin sequera foi chamada como testemuña, e que a desvincula absolutamente de calquera tipo de participación”. O deputado  sinalou que, amais, “isto é unha historia que o PP volve a repetir porque xa en 2019, cando presentaron unha moción con este mesmo asunto ao pleno provincial, o propio Secretario non admitiu a súa incorporación ao debate “por exceder o ámbito de control e fiscalización propio do pleno”. “Por elo, dixo, esta nova solicitude do PP só pretende manter a súa absoluta desvergonza para danar a unha persoa que non ten nada que ver co asunto xulgado e sentenciado aínda a sabiendas de que o Secretario do Pleno a denegara”.

 

 

 

 

“Galicia aínda está a espera de que se abra unha comisión de investigación ou se  convoque un pleno para que o PP dea explicacións da relación do presidente da Xunta cun narco”

 

 

 

 

O voceiro do PSDG-PSOE na Deputación manifestou que “en calquera caso, sorprende que un partido condenado por corrupción con sentencias xudiciais firmes como o Partido Popular poida protagonizar un ataque tan impúdico e vergoñento que só pretende manchar a imaxe intachable da presidenta porque, digamos a verdade, politicamente non poden con ela”. “Sorprende que o fagan a  nivel local, dixo Font, e a nivel provincial, pero é inaudito que tamén se unan a orquestra o PP galego e á propia Xunta”. “Galicia aínda esta esperando, sinalou o deputado, pola primeira comisión de investigación ou o primeiro pleno extraordinario na Xunta no que o Partido Popular dea explicacións da relación do seu presidente, Núñez Feijoo, cun narco”.

 

“Que este partido, con todas as mochilas que ten ás súas costas, veña agora a tentar desacreditar a honra dunha política con maiúsculas como Carmela Silva é, simplemente, unha obscenidade”, rematou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.