PONTEAREAS
A Xunta financiará a rehabilitación do edificio que acollerá o centro de dinamización empresarial
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a alcaldesa asinaron un convenio de colaboración no marco do Fondo de Cooperación
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Cristina Fernández, asinaron a semana pasada un convenio de colaboración co que o Concello poderá acceder a un novo préstamo do Fondo de Cooperación. Ponteareas é o municipio galego que máis veces se beneficiou deste instrumento, que desde a súa posta en marcha lle está a permitir financiar 9 actuacións con créditos por un importe de máis de 1,5 millóns de euros.
Este instrumento de apoio económico, concibido para concellos de menos de 50.000 habitantes, foi impulsado polo o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no ano 2017 e está dotado dun orzamento global de 20 millóns de euros.
No caso concreto de Ponteareas, o crédito sen xuros ao que accede, e que poderá devolver á Xunta nun máximo de oito anos, permitirá levar a cabo a reforma e acondicionamento de dúas plantas do inmoble situado no número 13 da praza Maior, co fin de habilitar un espazo ao servizo do tecido empresarial do Concello.
Ponteareas é o municipio galego que máis veces se beneficiou deste instrumento de cooperación, co que está a financiar 9 actuacións con créditos por máis de 1,5 M€
A conselleira recordou que a evolución ascendente de axudas concedidas desde 2017 son unha mostra da consolidación do Fondo de Cooperación do IGVS como unha ferramenta de apoio útil e ben valorada polas entidades locais. Así, só este ano e incluíndo xa o convenio asinado hoxe, a Xunta concedeu máis de 4 millóns de euros a un total de 10 municipios para levar a cabo unha ducia de actuacións.
Nesta liña, subliñou que este programa supón unha solución ás dificultades coas que se atopan en moitas ocasións as entidades locais para poder acceder a vías de financiamento que lles permitan executar proxectos de interese municipal.
Por iso, salientou a importancia de que as distintas administracións públicas traballen man a man co obxectivo común de ofrecer os mellores servizos públicos ao cidadán, ao tempo que enmarcou o Fondo de Cooperación na aposta da Xunta pola rehabilitación e a posta en valor do patrimonio inmobiliario xa construído.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115