Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Lunes, 04 de Mayo de 2026 a las 19:35:16 horas

Xornal21.es
Lunes, 13 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros sete obradoiros

Ata o 16 de decembro o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre Google Analytics, packaging ou fabricación dixital

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online e enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre Google Analytics, o packaging sostible, a fabriación dixtal ou a fotografía con teléfono móbil.

 

Este luns 13 Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con especialidade de márketing, exporá as claves que ofrece “Google Analytics para a toma de decisións” coa definición de obxectivos ou as métricas e KPI para a toma de decisións. O martes 14 terán lugar dous obradoiros no marco de SmartPeme. Baixo o título de “Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VII – Proxecto final I” daranse a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación da man do experto universitario en robótica Manuel Freire. O mesmo día Laura Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, impartirá un obradoiro sobre “Fotografía gastronómica co teléfono móbil”.

 

O mércores 15 Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, afondará no “Dropshipping: como vender en liña sen investimento material”, e Guillermo Nass, Técnico Superior Universitario en Deseño Gráfico Publicitario, ensinará as persoas as claves que ofrecen os “Plugins de WordPress para mellorar a túa web”. Para rematar a semana, o xoves 16 impartiranse outros dous talleres. No primeiro deles o experto universitario en robótica Manuel Freire continuará a liña do obradoiro que impartirá o martes cun novo taller titulado “Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VIII – Proxecto final II”. O derradeiro dos obradoiros da semana tratará sobre “Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce” no que se apostará por un packaging sostible e pola estratexia de envíos.

 

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.