PROVINCIA
O 4º Congreso do PSdeG-PSOE se celebrará o 11 e o 12 de febreiro
David Regades: “Aprobamos un calendario amplo e cumprindo folgadamente os prazos fixados polos estatutos federais”
“Por asentimento”. Con esta fórmula, que aforrou o cómputo dos votos diante da unanimidade rexistrada na asemblea, quedou aprobada a convocatoria do 4º Congreso Provincial do PSdeG-PSOE durante o Comité Provincial celebrado na finca Batacos, en Salcedo (Pontevedra).
O secretario xeral provincial, David Regades, tomou a palabra para presentar o calendario que culminará coa celebración da cita congresual durante as xornadas do venres, 11 e sábado, 12 de febreiro próximos. O prazo de presentación de precandidaturas á Secretaría Xeral provincial será entre o 21 e o 22 deste mes de decembro. A recollida dos avais estará habilitada entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro. A campaña de información á militancia terá lugar entre o 8 e 22 de xaneiro. Para o caso de que haxa máis dunha candidatura a xornada de votación queda fixada para o 23 de xaneiro, domingo. Finalmente, o Congreso elixirá aos integrantes da nova Dirección provincial para os próximos catro anos.
“A forza deste partido na provincia de Pontevedra é gran parte da fórmula para o éxito do PSdeG en Galicia”
David Regades subliñou diante do Comité Provincial, máximo órgano entre congresos, que trátase dun “calendario amplo e cumprindo folgadamente as datas e prazos marcados pola normativa e os estatutos federais”. Aproveitou a ocasión para dar as gracias a toda a militancia “polos fantásticos resultados” durante as dúas voltas das Eleccións Xerais celebradas ao longo deste mandato “nas que o Partido Socialista foi primeira forza” e, sobre todo, “polo magnífico resultado das Eleccións Municipais, que púxonos a un puñado de votos da maioría absoluta na Deputación e nos outorgou 23 Alcaldías, ata o punto de que gobernamos a 600.000 pontevedresas e pontevedreses, contra 200.000 do Partido Popular”.
David Regades destacou que tras catro anos o Partido Socialista “deu unha lección de unidade, de implicación co municipalismo e de democracia interna”. Finalmente, tras dar aos os parabéns aos representantes da provincia de Pontevedra na nova Executiva e no novo Comité Nacional recalcou que “a forza deste partido na provincia de Pontevedra é gran parte da fórmula do éxito para o PSdeG-PSOE en Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91