Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP de Ponteareas apoiará a concentración en defensa do comercio local

“Unímonos, coa nosa presenza, ás reivindicacións dos comerciantes porque levamos meses defendendo un plan de tráfico consensuado e a finalización das obras antes da campaña do Nadal”

O Grupo Municipal do PP, a través do seu portavoz Belén Villar, comunicou a súa intención de asistir e apoiar a concentración convocada por un grupo de comerciantes para o xoves, 16 de decembro ás 20:00 h diante do Concello, co fin de reivindicar ao Bipartito (BNG-PSOE) un diálogo que ata o de agora foi inexistente en materia de regulación de tráfico, peonalización de rúas e plan de execución de obras.

 

Para os populares esta falta de consenso e conversación entre comerciantes e Goberno Local derivou nun clima de crispación e desesperación por parte de hostalería, comercio e veciños que están a ser os grandes afectados dos cambios na regulación do tráfico así como os prexudicados polo atraso nas obras de peonalización, na que moitos casos non están de acordo.

 

“Levamos meses denunciando a gravidade desta situación. Solicitando ao bipartito que se finalizasen xa as obras, para non prexudicar á campaña do Nadal que é das máis importantes para estes modelos de negocio. Tampouco nos fixeron caso en materia de regularizar o tráfico. Decidiron arbitrariamente modificar sentidos de rúas sen aviso previo/previo aviso, peonalizar sen buscar solución ao estacionamento, eliminar prazas de aparcadoiro existentes, etc. Todas estas medidas repercutiron negativamente na hostalería e o comercio do noso pobo, é normal que estean fartos e desesperados #ante esta inxusta situación. A nosa obrigación é seguir reclamando o que fixemos ata o de agora e poñernos do seu parte, por iso todo o PP de Ponteareas mobilizarase o xoves 16 de decembro”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.