DEPORTES
O músculo dos 43 clubs de loita galegos daranse cita no 2022 en Pontevedra
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou nesta semana da presentación do Campionato do Mundo U23 de Loitas Olímpicas e o Campionato do Mundo de Grappling U17 e U20 que terán lugar entre o 15 e o 24 de outubro de 2022 e que achegará á cidade de Pontevedra unhas 1.600 persoas entre deportistas, xuíces e técnicos. No seu discurso, o secretario xeral destacou que os novos loitadores deberán contar con “todas as habilidades” como “a astucia, a forza e a sorte” para alzarse con estes campionatos que porán a Galicia e a Pontevedra no epicentro mundial do deporte como xa o fixeron os Mundiais ITU Multisport de tríatlon ou o Mundial Júnior de balonmán en 2019.
Unha excelente oportunidade, dixo, para amosar o músculo da loita galega que vén de celebrar esta fin de semana o Campionato Galego de Loitas Olímpicas nas categorías sénior e cadete. Lete Lasa, agradeceu o traballo aos 43 clubs galegos de loita que “representan a verdadeira saúde e motivación dun deporte que, a pesar da pandemia, mantén as súas licenzas galegas por riba do milleiro e que fan que Galicia sexa a terceira comunidade en número de clubs”.
O secretario xeral puxo de manifesto a excelente capacidade organizativa de eventos deportivos coa que conta Galicia como garantía de que os campionatos do mundo de loita sexan todo un éxito e lembrou que no ano 2019, Pontevedra xa acolleu o Campionato de Europa Júnior, no que tamén colaborou a Xunta de Galicia, cun gran resultado.
Lete Lasa sinalou tamén que o ano 2022 será un gran ano para a loita galega xa que tamén organizará os campionatos de España de Loitas Olímpicas U15, U17 y U23 en marzo e o segundo Ranking das Series Mundial de Loita Praia en xuño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217