GALICIA
Feijóo enxalza ao parlamento como o lugar no que latexa sen cesar o corazón do país
O presidente da Xunta participou na inauguración da exposición O Poder da Palabra: 40 anos do Parlamento de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou este mediodía ao Parlamento de Galicia como o lugar no que latexa sen cesar o corazón do país e onde “o poder da palabra” é capaz de aproximar mesmo aos que están máis distantes.
Díxoo durante a inauguración da exposición O Poder da Palabra: 40 anos do Parlamento de Galicia, no que tamén destacou como o parlamentarismo galego, alén da súa plasmación institucional, naceu “do sentido comunitario do país, do desexo de acordar que inspira aos fillos desta terra e á idea do quefacer colectivo”. Así, o presidente da Xunta referiuse á existencia dunha Galicia “mancomunada” antes de que que existiran indicios parlamentarios: “O Parlamento que nesta altura do século XXI condensa a representación popular dos galegos sería a desembocadura de dous grandes afluentes: a tradición dialogante dos nosos devanceiros e unha tradición democrática común aos países da contorna”, dixo.
Referiuse á mostra como o lugar no que as xeracións vindeiras non verán a representantes de distintos partidos políticos, senón a galegos pioneiros que deron voz a un país que non a tiña
Nese sentido, Feijóo puxo de manifesto como tan só catro décadas despois do nacemento do primeiro Parlamento galego, Galicia pode afirmar que este xa está inscrito na súa identidade. “O pobo galego existe desde a máis afastada noite dos tempos, pero agora fala, exprésase, debate e confecciona para si mesmo ese roupaxe que chamamos leis”, asegurou, engadindo que o nacemento desta institución fixo que ninguén poida suplantar ao pobo, “nin cabe establecer falsas categorías entre bos e malos galegos, porque todos sen distinción teñen a categoría de cidadáns, coa mesma cota de galeguidade”.
No que se refire a esta mostra comisariada polo profesor Ramón Villares, o titular do Goberno galego salientouna como o lugar no que as xeracións vindeiras non verán a representantes de distintos partidos políticos, senón a galegos pioneiros que deron voz a un país que non a tiña.
“O traballo do Parlamento e o traballo dos gobernos de Galicia acreditaron madurez democrática e un enorme sentido institucional porque aquí non houbo nin rupturas nin divisións. Aquí seguimos traballando, cada un dende a súa perspectiva, para facer unha Galicia mellor, baseada na democracia constitucional e autonómica”, concluíu o presidente da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191