Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 15 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Esquerda Unida critica as obras do goberno pero non acudirá á concentración "Recuperar Ponteareas"

A formación de esquerda critica ó goberno BNG-PSOE pola xestión das obras e pola falta de participación cidadá na toma de decisións, pero é firme na súa aposta pola recuperación de espacios públicos fronte o vehículo privado.

Esquerda Unida non comparte os motivos polos que se convoca a concentración "Recuperar Ponteareas", centrados na crítica do proceso de peonalización e da racionalización do tráfico no casco urbano da Vila. O proxecto de EU para Ponteareas contempla a peonalización e a recuperación de espacio público que actualmente se atopa en grande medida monopolizado polo transporte privado. Reducir o tráfico intraurbano a residentes, carga e descarga e persoas de mobilidade reducida supón un aumento inmediato de espazo público para disfrute da poboación, aumentar a seguridade e reducir a contaminación. Así mesmo, defendemos que é unha medida que beneficie tamén, no medio/longo prazo, ó pequeno comercio local.

 

Así mesmo, cómpre criticar a xestión que o goberno municipal fai do conxunto de obras e transformacións urbanas que se están levando a cabo nos últimos dous anos. Non é admisible a tardanza na que se realizan obras planificadas para ser executadas en moito menos tempo. Elevan a molestia da veciñanza, paralizan o normal transcurso do pobo e caen en sobrecustos inecesarios.

 

Por último e máis grave, a non aplicación do compromiso adquirido polo BNG-PSOE na anterior lexislatura con Esquerda Unida sobre o Regulamento de Participación Cidadá fai que a veciñanza non poda ter voz e determinar como se debe realizar as necesarias transformacións do casco urbano, ó igual que sucede no resto de ámbitos da política local. Compróbase como a falta de representación de EU no pleno municipal posibilita que o goberno desestime cumprir os seus compromisos de democratización e de aposta polo público.

 

É por tanto entendible a incomprensión de parte da veciñanza, que se expresa en mobilizacións como a do 16 de decembro. Coa actual xestión do goberno municipal ponse en perigo o afianzamento do proceso de transformación da vila, que se ben non son todo o profundo que EU propón, si que supoñen un avance importante na modernización e adecuación do casco urbano de Ponteareas nun espazo máis habitable para toda a poboación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.