Domingo, 22 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 22 de Marzo de 2026 a las 13:29:32 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 19 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

A Comunicade de Montes de Guizán inviste dous millóns de euros nun Centro Social

O centro construído pola comunidade  de montes de Guizán cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do Aeroporto

[Img #73126]

 

O edificio presenta un total construído de 2020 metros cadrados distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta, cun investimento de preto de 2 millóns de euros.

 

[Img #73125]

 

No que se integran aulas de informática e  cociña, sala de xogos, biblioteca, oficina para a Comunidade de Augas, Festas e Veciñais da parroquia. Oficina para a Sociedade Recreativa de Guizán e outra oficina para a Comunidade de Montes. Aseos. Sala de Xuntas, Cafetería que se rexentará en concesión. Salón de actos con capacidade de 230 persoas con escenario e camerino. Conta ademais con sala polivalente para ximnasias e ximnasio cos seus respectivos vestiarios. No exterior conta con pistas de pádel e unha pista polideportiva  así como un parque infantil.

 

Ubícase nunha parcela de 7.000 metros adquirida polos comuneiros da parroquia

 

Foi inaugurado este sábado 18 por unha representación da corporación mosense  encabezada pola súa Alcaldesa Nidia Arévalo o centro social e deportivo da comunidade de montes de Guizán. O acto que comenzou co corte da cinta por parte do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, o descubrimento da placa inaugural e a bendición do edificio por parte do cura párroco de Guizán Eloy Perales Rodal , contou coa participación de Rubén Blanco porteiro do R.C Celta natural de Guizán, e as intervencións de Julia Loureiro en calidade de veciña e concelleira da parroquia,  Mª del Camen Mirou presidenta do Círculo Cultural así como a explicación técnica do arquitecto da obra Jaime Iglesias Taibo.

 

[Img #73128]

A Comunidade de Montes de Guizán constitúese no ano 1988 e conta cun total de 192 comuneiros. O centro foi construído para uso e disfrute  de todos os veciños e veciñas de Guizán aínda que non sexan comuneiros.


[Img #73129]

 

[Img #73127]

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.