Vigo
A Policía Local vixiará dende o aire
O alcalde presentou onte na Praza do Rei as dúas unidades coas que o Concello quere dotar de “modernidade ao traballo de vixilancia e control da Policía Local” e engadiu que se valorará ampliar o número de drons unha vez avaliada a súa utilidade.
Para o alcalde, cos drons se pretende “darlles cada vez máis e mellores instrumentos” aos efectivos policiais para o desempeño da súa labor, e se empregarán “para a visualización aérea de todas as zonas de Vigo no momento que conveña”.
“Seguimos modernizando a nosa actuación para ter unha cidade con tráfico máis fluído e con máis seguridade”, valorou Caballero, quen trasladou que o custo dos aparatos ascendeu a 13.000 euros. Para o seu manexo, dezaseis axentes da Policía Local de Vigo recibirán un curso de formación teórica e práctica dun mes de duración, aproximadamente.
Os drons serán empregados principalmente para a visualización de zonas de difícil acceso ou concentracións de xente, como apoio na toma de decisións da Policía Local. O alcalde trasladou que inicialmente se traballará con dúas unidades e non desbotou adquirir máis, en función da utilidade que presenten.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8