GALICIA
Galicia etiqueta a súa Calidade
Galicia pode presumir de contar con ata 36 selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Son experiencias de calidade ás que hai que engadirlle tamén outras producións de excelencia, como son as derivadas das razas autóctonas de Galicia, o selo Galega 100%, que ampara o leite galego de calidade certificada e o selo pescadeRías, que ampara os peixes e mariscos procedentes da frota artesanal na nosa comunidade autónoma.
Por iso, Galicia non se entende sen a súa gastronomía e, de feito, esta constitúe un dos principais atractivos da súa ampla oferta turística. Así, os visitantes acoden a Galicia atraídos, entre outras cousas, polos seus manxares, sendo esta unha das grandes motivacións para a súa viaxe.
Estas producións do mar e do campo galego víronse potenciadas nos últimos anos de forma cualitativa e cuantitativa grazas á dinamización dos coñecidos como produtos de calidade. Son recursos alimentarios que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comunidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e, incluso, reinventarse.
Coa posta en valor dos produtos de calidade, a través das denominacións de orixe protexidas (D.O.P) e das indicacións xeográficas protexidas (I.X.P.), os produtos galegos alcanzaron unha nova dimensión, máis competitiva no mercado, atractiva para o consumidor e con todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade, como mostra do seu especial coidado no proceso de produción e comercialización.
I Mostra de Calidade Alimentaria
Co fin de impulsar toda esta riqueza, a Xunta vén de celebrar, no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) a I Mostra de Calidade Alimentaria. Neste contexto avanzouse que o selo Galicia Calidade terá a partires de agora unha sección específica sobre alimentación que se denominará Galicia Calidade Alimentaria e que englobará produtos con excelencia recoñecida, afondando tamén na súa promoción.
Así ven de anunciarse oficialmente a creación deste selo durante a presentación da nova campaña institucional da Xunta Galicia Etiqueta Calidade, na que o goberno galego investirá 700.000 euros para divulgar o bo facer da xente do mar e do agro. Trátase dunha iniciativa que quere amosar nestas datas de Nadal que Galicia é unha potencia alimentaria. Unha contribución pública para o sector, en apoio e agradecemento polo seu labor encomiable, ao ser quen de facer que non faltase produto alimentario galego de calidade durante a emerxencia sanitaria.
Esta campaña destaca a importancia do etiquetado nos produtos de calidade. Tamén salienta que estas producións son a “Excelencia de Galicia” e que son garantía, autenticidade e singularidade. Ao tempo, tamén transmite a decidida aposta polo produto local e de proximidade e, en definitiva, traslada que os produtos de calidade de Galicia son os mellores.
No marco desta Mostra tamén se deu a coñecer o mercado dixital oficial no que produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor. Trátase, así, dun verdadeiro mercado online, no que se poderán comercializar os produtos de excelencia de Galicia cun só clic.
Come galego, saudable e atlántico
O evento acolleu, ademais, ata tres foros diferentes, que versaron sobre gastronomía e turismo, arredor da filosofía “slowfood” e sobre a Dieta Atlántica. Todos eles foron acompañados da degustación de produtos relacionados.
Así, o primeiro foro, baixo a denominación de “Come galego” tivo como eixo central a conferencia e showcooking sobre Ecociña -unha perspectiva turística dos produtos de proximidade e de calidade alimentaria galega- impartida pola directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Marta Fernández.
O segundo espazo (“Come saudable”) consistiu nunha mesa redonda sobre a filosofía slowfood que abordou as vantaxes dunha materia prima sen procesar, dun produto de proximidade, da biodiversidade, da menor pegada de carbono e da conservación territorial e cultural.
O terceiro dos foros, “Come Atlántico”, permitiu afondar nas fortalezas da Dieta Atlántica, a súa adaptabilidade ás diferentes necesidades nutritivas e o seu futuro dentro da promoción dos produtos de calidade alimentaria de Galicia.
Ademais, de forma paralela a todos estes eventos, durante os tres días de celebración da Mostra instalouse no exterior do Pazo de Quián unha “gastroneta” da Xunta que ofreceu os asistentes unha mostra da calidade alimentaria galega, presentada nunha caixa con diversos produtos da despensa da nosa comunidade.
Por outra banda, esta I Mostra acolleu tamén a entrega dos xa coñecidos premios Exceleite, que supoñen un recoñecemento ás explotacións galegas senlleiras de vacún de leite e avalan a excelencia hixiénico-sanitaria dos produtores de leite cru de vaca, así como os das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2021, que galardoan os mellores queixos e meles, entre outras accións.
Premios Exceleite
Na entrega dos premios Exceleite púxose en valor a futura Lei da calidade alimentaria, que apostará pola produción excelente de proximidade, san e sustentable que sempre distinguiu a Galicia. Ademais, neste acto a Xunta actúa como o acelerador do motor que representa o lácteo para a nosa comunidade mediante o impulso de medidas como a Estratexia sectorial e, dentro dela, a aplicación informática Conta Láctea ou a formación empresarial dos gandeiros.
Sinalar que, en definitiva, Galicia ofrece un amplo abanico de produtos alimentarios de extraordinaria calidade e, polo tanto, o seu poderío gastronómico está fóra de toda dúbida, sobre todo cando esta magnífica despensa –calificada por Álvaro Cunqueiro como a de maior “amplitude” de Occidente– se pon en valor grazas ao magnífico traballo dos grandes cociñeiros e cociñeiras desta terra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151