Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 27 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A oficina de turismo de Salvaterra de Miño continuará aberta durante este inverno

Esta nova oficina, arranca, dende hai poucas semanas, cun novo acondicionamento e imaxe, baixo a marca Río Minho encaixada dentro do Proxecto Europeo Miño Destino Navegable. Nesta oficina aténdense tanto os/as veciños/as de Salvaterra de Miño que buscan dar un paseo polos nosos sendeiros fluviais como os visitantes e turistas que queren coñecer Salvaterra de Miño sobre rodas. A conxunción de ambos servizos fai que esta oficina recibira a 2.461 persoas durante os meses de agosto, setembro, outubro e mediados de novembro . Sendo esta cifra chave para continuar mantendo estes servizos durante os meses de inverno. 

 

Nesta Oficina de Turismo Municipal, ademais de información turística sobre Salvaterra de Miño, podemos asesorarnos sobre outros municipios da contorna xa que se conta con material turístico de Turismo Rías Baixas, do noso xeodestino Condado-Paradanta e tamén do conxunto de municipios transfronteirizos que conforman a marca Río Minho entre outros. Sendo á única Oficina de Turismo do Condado-Paradanta aberta durante todo ó ano.

 

Moitas son as familias que se achegan ata ó Parque A Canuda, sendo na fin de semana á maior afluencia destas. Porén deciden dar un paseo polo noso carril bici ,coa novidade deste ano, os novos porta bebés e que dende hai pouco tempo tamén contamos con préstamo de casco para eles. Esta iniciativa de servizo gratuíto de bicicletas é exclusivo en Galicia. Servizo moi valorado entre os/as usuarios/as e que na súa maioría son salvaterrenses e vigueses.

 

O Concello de Salvaterra de Miño mantén a súa aposta polo sector turístico como promotor económico nestas iniciativas, posto que permite que moitos visitantes decidan coller á bicicleta pola  mañá, quedarse a xantar en Salvaterra de Miño e entregalas bicicletas pola tarde. Porén decidiu continuar con ambos servizos durante á tempada baixa cos seguintes horarios:

  • O horario da Oficina de Turismo é sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h.
  • O horario do servizo gratuíto de bicicletas é sábados, domingos e festivos de 10 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h. (é recomendable quetódolos menores de 16 anos traian o seu propio casco de protección para poder empregala bicicleta. Os menores de idade precisan consentimento dun titor legal.)
  • O día 25 de decembro e 6 de xaneiro ambos servicios permanecerán pechados. O día 1 de xaneiro abertos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.