A GUARDA
David Regades e alcaldes da Guarda e Tui participan na manifestación "en contra dos recortes" na sanidade
O secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, David Regades, tomou parte na manifestación celebrada onte á noite na Guarda en protesta polos recortes na rede de atención primaria do Baixo Miño. Regades, que estivo acompañado do alcalde guardés, Antonio Lomba, e do de Tui, Enrique Cabaleiro, denunciou a precariedade e a insuficiencia do servizo que está a recibir a veciñanza destes concellos. Máis dun milleiro de persoas tomaron parte nesta protesta.
Tan só nos concellos da Guarda, Oia e O Rosal faltan, nestes momentos, entre prazas vacantes e baixas de longa duración, un total de 8 médicos e unha pediatra. “A Sanidade é o máis básico dos servizos básicos e o que está a suceder na Atención Primaria é unha vergoña. Así non, señor Feijoo”, afirmou Regades, quen afeou ademais á Xunta de Galicia que teña a ousadía de aprobar uns Orzamentos Xerais para 2022 no que o orzamentado para Atención Primaria se reduce en 2 millóns “mentres Feijoo presume dunha groseira rebaixa de impostos aos máis ricos”.
A manifestación, que comezou na Alameda percorreu boa parte do centro urbano da Guarda e rematou na praza do Reló, diante da Casa do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149