O Porriño
O Pleno de investidura será a porta pechada e sen público
Sergio Quintas Casal, terceiro tenente de alcalde, comunicou esta tarde aos grupos municipais da corporación que o pleno de elección e toma de posesión da persoa que exercerá como alcaldesa ou alcalde do Porriño, terá lugar sen público. Só se permitirá o acceso ao salón de plenos aos profesionais dos medios informativos que deberán acreditar estar vacinados co certificado Covid e provistos de máscaras.
A sesión terá lugar este xoves, a partir das 18,00 horas e retransmitirase por streaming na mediateca municipal, a través da páxina web do Concello (http://mediateca-oporrino.seneca.tv/activity)
A decisión tomouse ante o risco de aglomeracións no salón de plenos e a partir dos datos epidemiolóxicos que actualmente presenta Porriño. Con datos ata a data, 280 contaxios en 14 días e unha taxa de incidencia de 1.411, segundo o Sergas.
Sergio Quintas Casal xa informou aos voceiros de todos os grupos municipais, como presidente do pleno de investidura. Esta circunstancia débese a que tanto Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde como Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde, serán candidatos á alcaldía e, polo tanto, non deberían presidir a sesión, misión que correrá a cargo de Sergio Quintas Casal, como terceiro tenente de alcalde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22