Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 22 de Marzo de 2026 a las 13:29:32 horas

Xornal21.es
Viernes, 24 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos Acende o Xacobeo no Pazo

Ata o 7 de xaneiro a fachada permanecerá iluminada de cor azul, co logotipo do Xacobeo 21.22 e a característica frecha amarela

Onte tivo lugar o acto do programa Acende o Xacobeo en Mos consistente no acendido da proxección na fachada do Pazo de Mos.


O comezo do acto estivo amenizado polo Grupo de Gaitas Xógara e contou coa asistencia de Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; a Delegada Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, concelleiros/as do equipo de Goberno local, voceiros/as dos grupos municipais e membros da Fundación Pazo de Mos.


O acendido estivo precedido dunha conta atrás, tras a que se iluminou a proxección sobre a fachada do Pazo consistente nunha luz de cor azul co logotipo do Xacobeo 21.22 e a característica frecha amarela. Rematando o encontro coa interpretación de dúas panxoliñas a cargo da Coral Polifónica O Son do Cantares.


O programa Acende o Xacobeo ilumina máis de 90 monumentos en toda España e máis de 40 en Galicia, entre os que se atopa o Pazo dos Marqueses de Mos. O Pazo, en pleno Camiño Portugués a Compostela, estará iluminado desde hoxe ata o vindeiro 7 de xaneiro de 2022.


Unha iniciativa de grande éxito que inclúe a iluminación de edificios en diferentes Comunidades Autónomas e cidades europeas como Londres, Dublín ou Torun en Polonia.


Co acendido en Mos, este singular programa dá a benvida ao novo ano 2022, xa que durante os días previos ao vindeiro 31 de decembro estanse a iluminar diferentes monumentos das distintas rutas dos Camiños de Santiago en Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.