Vigo
A Xunta eliminou un punto de vertido na parroquia de Candeán
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos localizaron o foco tras recibir a notificación desde o Servizo de Emerxencias do 112
A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Candeán, no concello de Vigo.
As actuacións iniciáronse no transcurso da inspección levada a cabo por parte dos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, tras a notificación desde o Servizo de Emerxencias do 112 dun vertido que afectaba ao dominio público.
Na visita localizouse un foco de auga residual procedente da rede municipal de saneamento cara a un regato que discorre baixo o camiño Sorrego, no lugar de Goleta.
Os técnicos notificaron ao Concello a existencia do vertido para que se adoptasen as medidas necesarias para a súa emenda, efectuando mostraxe do caudal de augas residuais para avaliar a carga contaminante.
Os inspectores, nunha recente visita á zona, constataron o cese do vertido, ao resolverse o atranco na rede que motivaba a sobrecarga hidráulica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8