Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 13:36:16 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 29 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
Tui

Informe ambiental favorable para a modificación do PXOM na zona de San Bartolomé

O obxectivo é reordenar esta bolsa de solo localizada ao norte da vila para permitir o seu desenvolvemento urbanístico e á vez protexer os espazos lindeiros co Camiño

A Xunta de Galicia acaba de finalizar o trámite ambiental da modificación puntual do PXOM de Tui para promover a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu, o que permitirá que a reordenación proposta poida seguir a tramitarse de cara á súa aprobación definitiva.


Así, o informe ambiental estratéxico emitido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático conclúe que a proposta de ordenación formulada polo Concello resulta ambientalmente máis favorable que a que contempla nestes momentos o Plan xeral, polo que acorda non sometela ao procedemento ordinario de avaliación ambiental.

 

A contorna do barrio de San Bartolomeu constitúe no PXOM unha importante bolsa de solo urbano —29 hectáreas— localizada ao norte da vila. O obxectivo da modificación é reordenar este solo para solucionar diferentes problemas que impiden o seu desenvolvemento urbanístico e protexer os espazos lindeiros co Camiño de Santiago Portugués. De feito, a nova ordenación proposta reduce a capacidade edificatoria e opta por unha tipoloxía de vivenda máis acorde coa realidade territorial e ambiental da zona.
 

En todo caso, o informe da Dirección Xeral establece unha serie de determinacións en atención ao manifestado por outros organismos no procedemento ambiental. Entre outras cuestións, deberá elaborarse un estudo da paisaxe proporcionado á entidade e ao alcance da modificación urbanística proposta e revisarase a delimitación do solo de núcleo rural atendendo ao recollido nas Directrices da Paisaxe.
 

Así mesmo, o Concello de Tui terá que atender as observacións e suxestións da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, como xustificar que as parcelas clasificadas como solo urbano consolidado reúnen as condicións establecidas na lexislación, así como as medidas protectoras e correctoras expostas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con relación, entre outros, ao Camiño de Santiago e aos xacementos arqueolóxicos existentes.

 

Con esta resolución, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon fin á tramitación ambiental da modificación puntual do PXOM de Tui, unha decisión que sairá publicada proximamente no DOG e tamén se lle trasladará ao Concello, como promotor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.