A LOURIÑA
O Porriño e Mos celebrarán conxuntamente o desfile das rondallas
O vindeiro domingo 2 de xaneiro, se as condicións meteorolóxicas o permiten, O Porriño e Mos celebrarán conxuntamente o desfile das rondallas de ambos concellos, segundo acordaron hoxe os respectivos rexedores municipais.
Alejandro Lorenzo e Nidia Arévalo informaron de que esta é a primeira mostra do novo tempo nas relacións de ambos concellos. Os dous rexedores mantiveron hoxe dúas xuntanzas. A primeira no Concello do Porriño e a segunda na rotonda das Angustias (Mos). Nesta segunda reunión acordouse organizar un único desfile das rondallas que partirá de ambos concellos e se cruzarán en dous puntos.
Esta tarde reuniranse os responsables das catro rondallas de Mos (Santa Eulalia, Herville, Santiaguiño de Guizán e Torroso) e as dúas do Porriño (Santa Eulalia de Atios e Asociación Cultural Musical de Pontellas) para resolver os detalles da posta en escena do desfile.
A idea é que tres rondallas partan da rotonda de Costilleta no Concello de Mos e as outras tres dende a avenida Domingo Bueno e da rúa Antonio Palacios, no Porriño.
Os dous rexedores indicaron que, en todo caso, a celebración do evento ao aire libre realizarase cumprindo estrictamente cos protocolos anti-Covid esixidos pola autoridade sanitaria e coa vixilancia da Policía Local de ambos concellos.
![[Img #73311]](https://xornal21.com/upload/images/12_2021/1025_dsc_0204.jpg)
Ademais, ambos Concellos dotarán de prazas de aparcamento alternativas para os compoñentes das rondallas e o público que acuda ao desfile ao longo do percorrido. O desfile será retransmitido por "streaming".
Plena colaboración
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, manifestou que "considerando que somos dous pobos irmáns e que queremos confraternizar e compartir diversas actividades, decidimos facer un certame conxunto de rondallas na rúa para disfrute de todos", engadiu o alcalde.
A alcaldesa de Mos e o alcalde do Porriño mantiveron esta mañá unha primeira reunión de traballo que simboliza "o pleno restablecemento das relacións entre ambos concellos". Nidia Arévalo avanzou que "tratamos de asuntos en común como o deslinde e a auga". "Abrimos un novo tempo que se vai caracterizar pola total colaboración entre ambos concellos", anunciou a rexedora de Mos. Pola súa banda Alejandro Lorenzo valorou que "temos moitas sinerxías e a cooperación necesaria entre os dous municipios permitirá tamén aforrar custes".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22