Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 14:02:08 horas

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Diciembre de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

A Banda de Música Popular de Tui ofrece un Concerto de Fin de Ano

O evento contará con protocolo covid e para o acceso ao patio de butacas requirirase certificado covid

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá mañá xoves, 30 de setembro, ás 21.30 h o concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui. O evento contará con todas as medidas de seguridade derivadas da actual normativa sanitaria e no acceso requirirase ás persoas asistentes o certificado covid de contar coa pauta completa de vacinación, ter superado a enfermidade ou certificado de proba negativa.


Baixo a dirección de Eloy Carrera a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto divido en dúas partes. Na primeira ofrecerán “Música y vinos” de Manuel Morales, “At’s World End” de Hans Zimmer e “The ghost ship” de Alberto Pina. A continuación xunto á cantante Livia Leal Caneiro a agrupación tudense interpretará “Lela” con arranxos de Susavila e tres temas de Frank Sinatra con arranxos de Manuel María. Rematarán xa con composicións navideñas coma “Last Christmas” e a “Marcha Radetzky”.


A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, enviaba unha mensaxe de tranquilidade indicando que “a cultura é segura” xa que o concerto se realiza seguindo o protocolo covid establecido e requirindo o certificado covid tanto ao público asistente coma a todos e todas os e as integrantes da Banda de Música Popular de Tui. Todos os músicos actuarán con máscara, salvo os intérpretes de instrumentos de vento, e colocaranse coa distancia entre eles establecida na normativa.


As entradas para o concerto son gratuítas e poden reservarse en www.tui.gal até 10 minutos antes do comezo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.