GALICIA
O Bono alugueiro social co que asumirá o pago da totalidade da renda mensual
O prazo de presentación de solicitudes das axudas, que co complemento suman 860.000 € de orzamento, comezará o vindeiro 3 de xaneiro
A Xunta de Galicia manterá en 2022 o seu compromiso cos colectivos máis vulnerables, aos que seguirá facilitando axudas para facer fronte o alugueiro.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica no Diario Oficial de Galicia as resolucións polas que se convocan as subvencións do Bono de alugueiro social e a concesión directa do complemento, co que asumirá por terceiro ano consecutivo a totalidade da renda dos beneficiarios.
Ambas resolucións suman un importe global de 860.000 euros e teñen un prazo de presentación de solicitudes que comezará o vindeiro luns 3 de xaneiro.
O Bono de alugueiro social é un programa creado para facilitar o acceso e o mantemento dunha vivenda en réxime de arrendamento a aqueles colectivos con maiores dificultades económicas.
A concesión inicial do Bono é por un período de 12 meses, prorrogables por dous anos máis previa petición do interesado. Posteriormente, poderá ampliarse de forma extraordinaria por outros tres exercicios, polo que a duración máxima de percepción das subvencións poderá estenderse ata os seis anos.
No caso das sete cidades galegas, a subvención pode chegar ata os 450 euros; en concellos de tamaño medio, ata 400 euros; e no resto, 350 euros
Así mesmo, o Bono tamén prevé a concesión dunha axuda adicional de 600 euros para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de que o beneficiario permaneza na mesma vivenda, para atender débedas subsistentes.
Coa concesión desta axuda e do complemento, o beneficiario recibe o 100% da mensualidade máxima do alugueiro; que no caso das sete cidades galegas pode chegar ata os 450 euros; en concellos de tamaño medio, ata 400 euros; e no resto, 350 euros.
9,7 millóns de euros desde 2015
O Instituto Galego da Vivenda e Solo puxo en marcha no ano 2015 o Bono de alugueiro social. En abril de 2020, como consecuencia da covid-19, decidiu complementar estas axudas para sufragar a totalidade da renda mensual dos beneficiarios e en 2021 decidiuse que este complemento se mantería tamén durante todo o ano. Agora proseguirá ao longo do exercicio de 2022.
Desde a posta en marcha do programa ata a última convocatoria, concedéronse un total de 1.420 bonos por un importe de 4,4 millóns de euros, aos que se sumaron 1.549 prórrogas por 3,6 millóns de euros.
Cómpre lembrar que a Xunta dispón tamén do Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, os seus fillos dependentes e vítimas de explotación sexual, cuxos beneficiarios reciben así mesmo o 100% do custe do alugueiro.
Este bono específico creouse en 2019 e dende entón concedéronse 420 por importe de 1,2 millóns de euros e 192 prórrogas por importe de 483.000 euros, polo que o investimento total no mesmo foi de case 1,7 millóns de euros.
Deste xeito, o Goberno galego xa investiu 9,7 millóns de euros en axudas ao alugueiro para os colectivos máis vulnerables desde ao ano 2015.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58