MOS
O BNG de Mos renova o su Consello Local
Óscar Rodríguez Campo seguirá á fronte dun órgano de dirección no que se integran algunhas das incorporacións máis recentes da militancia
O BNG asegura que os últimos procesos electorais "serviron para confirmar a tendencia á alza da formación nacionalista e o respaldo da veciñanza traduciuse, ademais, nun notable incremento de militantes". As cifras "convidan ao optimismo de cara ás eleccións municipais de 2023, uns comicios nos que o BNG aspira a aumentar a súa representación na Corporación Municipal para liderar o goberno do Concello". O Responsábel Local, Óscar Rodríguez Campo, obtivo o apoio unánime da Asemblea para seguir á fronte do Consello Local, que se renova para consolidar a liña ascendente dos últimos anos integrando experiencia e mocidade. Deste modo, Sara Samartín será a nova Vicerresponsábel local; Xosé Carlos Cabaleiro “Pescador”, responsábel de Organización; Francisco García Cobas, de Comunicación e Cristina Represas, de Finanzas. Pola súa parte, o concelleiro Gustavo Barcia seguirá á fronte da área de Acción Municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49