PROVINCIA
A Deputación reforza o liderado en calidade turística do destino Pontevedra provincia
O novo servizo para o desenvolvemento do SICTED está aliñado co Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023 en busca dunha provincia sostible e innovadora
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación dun novo contrato de servizos para a implantación e desenvolvemento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos () no destino Rías Baixas Pontevedra Provincia. Este novo contrato, que conta cun orzamento de 237.160 euros e unha duración de 27 meses, permitirá á institución provincial seguir avanzando na implantación, consolidación e ampliación dos establecementos adheridos ao sistema de calidade do Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE).
O SICTED na provincia está aliñado co Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023, que marca entre os seus obxectivos a mellora da competitividade do destino e contempla accións encamiñadas a espallar o compromiso coa calidade en eidos como a sostibilidade e a dixitalización. Ao abeiro deste servizo impartirase formación convencional, como idiomas ou atención ás e aos clientes, e tamén se sensibilizará e formará ao sector turístico en busca dunha provincia sostible e con servizos e prestacións innovadoras.
O SICTED no destino Pontevedra Provincia
A Deputación de Pontevedra é unha das Administracións máis veteranas na xestión do SICTED en España. Comezou a súa andaina en 2015 e, dende entón, chegou a acadar o pasado ano en FITUR o galardón á/ao mellor técnico de xestión SICTED, que foi concedido a Elina González, unha das responsables de Turismo Rías Baixas. Ademais, o destino Pontevedra provincia Turismo Rías Baixas é o que conta con máis certificados de calidade de toda España.
Neste momento a Deputación traballa con 350 empresas de toda a provincia e de tódolos subsectores relacionados co turismo. Ao abeiro deste asesoramento provincial hai 302 empresas xa distinguidas co selo SICTED, das cales 6 poderán optar á Q de Calidade. Estas empresas recibirán ou renovarán a súa distinción polo traballo realizado durante este ano na Gala Provincial do Turismo, que se celebrará a finais de febreiro.
No 2021 a institución provincial ampliou o desenvolvemento do Plan de Formación dando un salto ao mundo dixital e facilitando así a conciliación dos negocios para acceder á formación. Ademais, a Deputación tamén deu asesoramento a empresas para a implantación do ciclo especial Covid-19 para o que o SICTED puxo en marcha o distintivo “Preparado Covid-19” que foi concedido a 37 empresas de diferentes oficios e concellos que se adaptaron ás boas prácticas de redución do risco de contaxios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91