PROVINCIA
A Deputación achega 40.000€ para o empoderamento das mulleres en Honduras, Bolivia e El Salvador
Enmárcanse nunha nova liña de subvencións, lanzada por vez primeira no 2021, destinada ao apoio a ONGD para a cooperación ao desenvolvemento
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión da nova liña de subvencións por valor de 40.118,36 euros a proxectos liderados por ONGD para a cooperación ao desenvolvemento. En concreto, mediante estas subvencións a asociación “Amigos da Terra”, a “Fundación Taller de Solidaridad” e “Solidariedade Internacional de Galicia” impulsarán iniciativas centradas no empoderamento das mulleres en Honduras, Bolivia e El Salvador.
As subvencións enmárcanse nesta primeira convocatoria, realizada ao longo deste ano 2021, e destinadas a ONGD que lideran proxectos de cooperación aliñados coa Axenda 2030 en países empobrecidos. Deste xeito, os recursos da institución provincial permitirán financiar o 100% da contía que solicitaron as tres organizacións non gubernamentais.
No caso de “Amigos da Terra” as axudas, que ascenden a 15.000 €, permitirán impulsar o proxecto “Mellora do exercicio dos dereitos das mulleres rurais cunha vida saudable e libre de violencias e co empoderamento económico en comunidades de El Corpus (Honduras)”.
Pola súa banda a “Fundación Taller de Solidaridad” recibirá 10.118,36 € para promover unha iniciativa de “Fortalecemento do empoderamento de mulleres indíxenas migrantes na súa vida familiar e social, desde o enfoque de xénero no desenvolvemento, en tres barrios de Ushpa Ushpa en Cochabamba (Bolivia)”.
Finalmente, “Solidariedade Internacional de Galicia” beneficiarase dunha subvención de 15.000 € para o lanzar o proxecto “Impulsando medios de vida resilientes para as mulleres en El Salvador”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91