CULTURA
A Biblioteca da Xunta en Pontevedra celebra os días das usuarias e da ilustración
Haberá obradoiros e unha mostra bibliográfica arredor destas datas sinaladas no Calendario do libro e da lectura de Galicia
A Biblioteca Pública da Xunta en Pontevedra Antonio Odriozola celebra en xaneiro o Día das persoas usuarias cun obradoiro e o nomeamento de socios e socias de honra, e o Día da ilustración cunha mostra bibliográfica e un contacontos-obradoiro. Son as dúas conmemoracións previstas para ese mes no Calendario do libro e da lectura de Galicia, deseñado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A axenda completa coas actividades de xaneiro, para as que se require inscrición previa, pode consultarse na web do centro bibliotecario.
Así, no marco do Día das persoas usuarias, o martes 11 anunciaranse os novos socios e socias de honra, que serán as tres persoas do público adulto e do infantil que levasen máis libros en préstamo ao longo de 2021. En recoñecemento recibirán un diploma e libros de agasallo, ademais de poder incrementar os materiais para levar en préstamo durante doce meses.
Tamén ao abeiro desta celebración, programouse para o 14 de xaneiro ás 17,30 horas o obradoiro Detectives de misterios na biblioteca, dirixido a público infantil de 8 a 12 anos. A través desta proposta, os participantes deberán buscar unha mensaxe oculta polo centro co obxectivo de resolver un misterio. Para isto percorrerán as instalacións nunha visita guiada e converteranse en profesionais da biblioteca, afondando no funcionamento dos sistemas de busca e préstamo de libros.
Tamén se nomearán socios e socias de honra as persoas que levasen máis libros en préstamo durante 2021
Día da ilustración
O Día da ilustración, que se celebra cada 30 de xaneiro en conmemoración do nacemento de Castelao, é a outra data sinalada na axenda da biblioteca da Xunta en Pontevedra. O público familiar poderá gozar na xornada do 28 ás 18,00 horas dun contacontos e obradoiro de debuxo impartido por Polo Correo do Vento.
Ademais, o día 26 instalarase a mostra bibliográfica O libro ilustrado na biblioteca, cunha selección de volumes de especial interese pola súa tipoloxía e contido. Poderá visitarse ata o 15 de febreiro.
A maiores destas celebracións, o centro bibliotecario organizou para o venres 21 o espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas Dámoslle volta ao conto, con Raquel Queizás e dirixido a público familiar.
Cómpre sinalar tamén que ata mediados de mes permanecerán no centro as mostras bibliográficas instaladas en decembro Melodías para o Nadal, cunha selección de libros sobre esta celebración, e Isto tamén pasará, arredor da adolescencia e dos cambios que representa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184