Mos
Mos amplía o seu tradicional percorrido do desfile de carrozas
Con "moita prudencia e pedindo responsabilidade", o Concello de Mos anuncia que amplía o seu tradicional percorrido do desfile de carrozas da CABALGATA DE MOS pola Avenida de Sanguiñeda. Deste xeito, evitaranse as aglomeracións ofrecendo a posibilidade de que todas as familias poidan manter as distancias e desfruten igualmente desta data máxica para os máis cativos.
O mércores día 5 de xaneiro, ás 18 h, as carrozas das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, desfilarán pola Adv. de Sanguiñeda (dende a Ponte de Senlle ata a rotonda de Costilleta). Non terá lugar como outros anos as actuacións estáticas nin o Belén vivinte, pero dende o concello apostan igual por este formato que indican haberá sitio de abondo para que a veciñanza poidan estar moi repartidos.
Os Reís Magos estarán acompañados polos nenos e nenas do grupo de Pop - Rock os “King Kids”, gañadores do primeiro premio do concurso televisivo da TVG, a mellor canción do nadal.
Tamén acompañarán aos Reis, ás catro Rondallas mosenses: a Rondalla do Centro Cultural de Torroso, a Rondalla da Asociación Cultural de Herville, a Rondalla do Santiaguiño de Guizán e a Rondalla Santa Eulalia de Mos
A Alcaldesa de Mos anima ás familias para que se acheguen ata Sanguiñeda, pero pide moita prudencia e responsabilidade para que entre todos se logre unha xornada segura

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49