VIGO
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre danlle a benvida ao aninovo
Despois de que a pandemia obrigara a supender o concerto do ano pasado volve citar o público vigués no Teatro Afundación o domingo 9 de xaneiro ás 20:30
O músico coruñés Xabier Díaz rematou o ano cun concerto en Santiago de Compostela e vaino comenzar con outro concerto, esta vez en Vigo. O público vigués xa atendera a cita do artista hai un ano pero as condicións sanitarias impediron que se levara a cabo. Desta volta, e despois de presentar o seu último traballo ‘As Catedrais Silenciadas’ nunha xira de verán, acode a Vigo xunto as Adufeiras de Salitre para darlle a benvida ao ano cantando cancións deste último disco e outras tantas que están incluídas nos anteriores traballos.
Para esta ocasión a banda contará coa participación e colaboración da violonchelista viguesa Margarida Mariño que xa acompañou a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no concerto especial que tivo lugar o mes de setembro pasado no mosteiro de Celanova. Repiten experiencia para convidar o público vigués, no concerto do día 9 de xaneiro ás 20:30, a entrar no 2022 con bo pé e, se se pode, mesmo con algunha baila.
Presentará o seu último disco ‘As Catedrais Silenciadas’ e contará coa participación da violonchelista viguesa Margarida Mariño
As Catedrais Silenciadas é o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, e en palabras do autor, é ‘quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro coas adufeiras e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade.’ Chega logo dunha extensa xira por máis de 13 países e 200 concertos e con el, segundo o propio Díaz, ‘quere achegar un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo’.
As Catedrais Silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiranas. Conclúe o artista ‘Cómpre restauralas e empregalas para que medren vizosas e prendan no peito de quen non as coñece’.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235