Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 05 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
Galicia

O BNG denuncia o “peche” dos centros de saúde de Ponteareas e O Porriño

O Bloque presentará iniciativas no Parlamento para garantir unha atención digna

O BNG denuncia o desmantelamento programado da atención primaria nas comarcas do Condado, A Paradanta e A Louriña. “A actitude neglixente do PP pon en grave risco a poboación da nosa bisbarra. A nula previsión e a falta de medios provocada polos anos de recortes e privatizacións resulta agora no peche da atención primaria dos centros de saúde de Ponteareas e O Porriño, cancelándose ducias de citas programadas e mantendo soamente o servizo de urxencias aberto”, criticou a formación nacionalista.

 

“A grave situación epidemiolóxica que estamos padecendo non pode ser atallada sen persoal sanitario e cos centros de saúde desmantelados” afirma a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, que cualifica de “alarmante” a situación actual na localidade. A rexedora advertiu que “a construción dun novo centro de saúde na vila é unha demanda local, pero non pode ser empregada polo PP como cortina de fume para tapar as carencias de persoal e privar de atención sanitaria á cidadanía”.

 

Pola súa parte, o voceiro do BNG no Porriño, Pedro Pereira, sinala que o centro de saúde do Porriño, ademais de contar cun cadro de persoal insuficiente para as dimensións do concello, tampouco ten as instalacións que permitan prestar un servizo digno. “A Xunta leva anos esquecéndose do centro de saúde do Porriño, sendo a atención prestada na nosa localidade moi deficiente. Deberán iniciar canto antes a obra de ampliación para a que xa hai licenza concedida hai máis dun ano”, sinalou o voceiro nacionalista, alertando que “de non rectificar na súa decisión, o goberno do PP na Xunta estará poñendo en risco a saúde dos veciños e veciñas de O Porriño”.

 

O BNG advertiu que non vai quedar parado ante os ataques continuados do PP ao servizo de saúde. Por este motivo, anunciou a inmediata presentación de iniciativas no Parlamento Galego, a través do deputado Luís Bará, para instar á Xunta de Galiza “a paralizar o desmantelamento do SERGAS, contratando o persoal sanitario necesario para garantir unha atención primaria de calidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.