VIGO
O novo parque de Bombeiros custará 3 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local validou os pregos e abre o concurso público para optar a executar a obra, un novo parque para Bombeiros que se erixirá nunha parcela municipal da rúa Esturáns, próximo a Tomás Alonso e a Avenida de Beiramar. O alcalde recordou este martes que o seu goberno tamén remodelara por completo o de Teis, adicando ao efecto 1,36 millóns
O orzamento da nova actuación ascende a 2.994.000 euros para unha obra “moi importante”, que presenta un prazo de execución estimado en doce meses, a iniciar no presente ano para concluíla no 2023, segundo explicou Caballero.
O Concello erguerá o novo parque no número 2 da rúa Esturáns. “É unha situación moi estudada”, valorou o alcalde: “está próximo a unha parte importantísima do centro da cidade e está ao lado do Porto, zona especialmente sensible a efectos de incendios”. Trátase dunha nova edificación con soto, baixo e dúas alturas, dotada de sistemas de climatización, renovación de aire e ventilación, e recollida de augas pluviais e fecais. Terá redes de megafonía, voz e datos, sistemas de seguridade, de protección contra incendios e elevador para uso do inmoble.
“É o segundo parque de Bombeiros novo que facemos nesta cidade desde que eu son alcalde”, incidiu Caballero, quen recordou o investimento de 1.364.000 euros na actuación integral no parque de Teis. O alcalde concluíu que, baixo o seu mandato, “adicamos case 4,5 millóns a construír parques de bombeiros en Vigo”, por “operatividade” e “dignidade” dos efectivos de extinción de incendios da cidade.
Por outra banda, o goberno de aprobou o programa de axudas económicas directas de apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero. Para o presente ano, o Concello reserva 20.000 cos que afrontar gastos urxentes e básicos das vítimas e eventuais dependentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235