Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 22:25:36 horas

Redacción Oriente / Mos / Xornal21.es
Jueves, 06 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Os Reis Meigos viaxan dende Oriente ata Mos para entregar agasallos

Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron preto de 6.000 quilómetros para entregar miles de agasallos as nenas e os nenos de Mos

 

As súas maxestades, os Reis Meigos de Oriente, pasaron pola Avenida de Sanguiñeda, en Mos, foron vistos durante a xornada de onte mércores nun breve percorrido dende a Ponte de Senlle ata a rotonda de Costilleta.

 

[Img #73504]

 

Algúns dos agasallos entregábanse no propio desfile, minutos despois os tres Reis Meigos desaparecían para seguir repartindo nas 5.263 casas que hai no Concello de Mos e continuar logo a súa viaxe polo resto dos Concellos galegos e do mundo, aproveitando así toda esta noite tan máxica.

 

[Img #73505]

 

En declaracións á prensa Melchor sinalaba estar un pouco canso da viaxe pero aseguraba que “mereceu a pena percorrer tantos quilómetros para vir a Mos”. Pola súa parte Gaspar felicitaba aos cativos que esperaron con paciencia e moita ilusión “polo seu bo comportamento durante o desfile”. Por último Baltasar aproveitaba para pedir as nenas e nenos que mantivesen “este bo comportamento ao longo de todo o ano e que, ademáis de divertirse, estudasen moito”.

 

Dende o Concello de Mos apostaban por este formato, con percorrido máis longo do habitual, de xeito que houbera “sitio de abondo  para que a veciñanza poidese estar moi repartida”.

 

[Img #73506]

Os Reís Meigos estiveron acompañados polos nenos e nenas do grupo de Pop - Rock os “King Kids”, gañadores do primeiro premio do concurso televisivo da TVG, a mellor canción do nadal.

 

[Img #73507]

 

Tamén acompañaban aos Reis, ás catro Rondallas mosenses: a Rondalla do Centro Cultural de Torroso, a Rondalla da Asociación Cultural de Herville, a Rondalla do Santiaguiño de Guizán e a Rondalla Santa Eulalia de Mos.

 

[Img #73501]

[Img #73508]

[Img #73509]

[Img #73510]


 

 

O xoguetes máis solicitados


Melchor, Gaspar e Baltasar explicaban en Mos que, a nivel mundial, os video xogos eran os xoguetes máis demandados pero que este ano tamén houbo moitas peticións de reloxos intelixentes e terminais de última xeración. Outros clásicos foron: o Tamagotchi, o Furby, os 'Bebés llorones' e os 'Superthings'. Tamén oubo moita demanda de moda, calzado ou complementos. En España moitas das cartas pedían xoguetes concretos coma: a Torre de entrenamento Superthing, o álbum de cartas dos Pokemon, Laboratorio de rotuladores, Play-Doh, Baby Yoda de The Mandalorian, Set de moda e tatuaxes Cool Maker ou o Monopoly clásico, entre outros.

 

Nos esxritos dirixidos aos Reis tamén oubo moitas peticións “non mateirais” en asuntos coma a saúde e para que remate esta pandemia algo no que, aseguran as súas maxestades, “xa estamos a traballar” ainda que mentres tanto piden “moita prudencia”.

 

Por último os Reis Meigos de Oriente animaron, durante o seu percorrido por Mos, aos nenos e adultos “a compartir e ser solidarios con aquelas persoas ás que, lamentablemente, non lle podemos facer chegar moitos dos agasallos que nos pediron”.

 

[Img #73499]

[Img #73500]

[Img #73498]

 

 

Amplio dispositivo de seguridade


[Img #73515]

A visita de Melchor, Gaspar e Baltasar foi vixiada moi de preto por efectivos da Policía Local de Mos, ademáis, as súas Maxestades, contaron co apoio de persoal do Concello de Mos, integrantes do G.E.S. e voluntarios de Protección Civil. Todos velaron pola seguidade do evento sen que oubese que resaltar incidencias destacables.

 

ACCESO A GALERÍA DE IMAXES

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.