Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 12 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

"Ponteareas Saudable” recorre a construcción dun transformador no centro da vila

Aseguran que se trata dunespazo protexido dentro do casco urbano

A “Asociacion Ponteareas Saudable” presenta recurso contencioso administrativo contra a licencia de construcción dunha caseta de transformación eléctrica nun espazo protexido dentro do casco urbano, nunha parcela que no é propiedade do concello.

 

Explican que "inda que a Xunta de Goberno municipal trata de disimulalo no otorgamento da licencia, a intención evidente desta instalación e dar servizo á Central Térmica de Biomasa instalada nas proximidades".

 

Esta caseta de transformación "non se adapta aos usos permitidos" na parecela, de carácter “Administrativo, sociocultural, sanitario, docente, cemiterio, relixioso, deportivo asistencial e mercados” , tal como establece para esta parcela PXOM e outra normativa urbanística.


Ademáis, aseguran que "otórgase licencia sen o preceptivo informe previo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, dado que nesta parcela, a uns escasos 10 metros encóntrase un hórreo cunha antigüidade de 173 anos ben acreditada documentalmente. A mesma normativa restrictiva sería de aplicación ao Centro Social, sito na rúa Oriente, nº12, catalogado como ben de interese cultural, segundo informe da propia arquitecta municipal".

 

"Ocorre isto, pese ao deber da administración local de velar pola salvagarda do patrimonio cultural" aseguran.

 

Neste recurso contencioso alégase tamén que o concello incumple a legalidade, por non dispoñer da propiedade dos terreos cedidos tanto para esta caseta de transformación como para a central térmica de biomasa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.