O Porriño
O BNG denuncia as deficiencias no Centro de Saúde do Porriño
Os nacionalistas acusan a Alejandro Lorenzo, 16 días despois de tomar posesión do seu cargo, de "non defender ante Alfonso Rueda os intereses do municipio".
O vicepresidente da Xunta visitou o concello "para acender as luces do Xacobeo sen anunciar ningún compromiso co Porriño en asuntos da súa competencia que continúan sen atender" explica o Bloque Nacionalista Galego nun comunicado.
Para os nacionalistas "o Centro de Saúde, ademais de contar cun cadro de persoal insuficiente para as dimensións do noso municipio e para os servizos que presta a outros da contorna, tampouco conta cunhas instalacións que permitan prestar unha atención digna. Despois de anos de retrasos inxustificados, a Xunta debe iniciar canto antes unha obra de ampliación para a que xa ten licenza concedida polo Concello".
Dende o BNG cargan en contra do goberno do PP "a Xunta está poñendo en risco a saúde dos veciños e veciñas do Porriño, e nestes días vén de agravar a situación pechando a atención primaria coa escusa da Covid-19".
Dúas semanas despois de que Alejandro Lorenzo (PP) tomase posesión coma alcalde dende o BNG considera tamén "urxente" unha reforma integral do centro CEIP Fernández López. Así mesmo critican que "o PP falta no seu compromiso coas políticas sociais e de coidados no Porriño" lembrando que "cando o Bloque gobernou na Xunta e no Porriño no período 2005-2009, construíronse a escola infantil da rúa Doantes de Sangue ou o Centro de Día de Torneiros".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20