Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 14 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia o lamentable estado dos aparcadoiros públicos durante o nadal

"A falta de previsión do bipartito provoca que os aparcadoiros públicos se encontren nun estado deplorable en plena época de Nadal" sinalan

Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas denuncian "a situación catastrófica na que se mantiveron todos os aparcadoiros públicos da cidade durante a época de Nadal, sen contar cun mantemento adecuado nun momento de vital importancia anual para o noso comercio".


"A nula planificación e a inexistente comunicación dentro do equipo de goberno provoca que, ante a imperante chegada das choivas posteriores o verán, os numerosos socabóns dos aparcadoiros non fosen reparados en tempo e forma. Esta situación provoca que nestes meses sexa unha odisea esquivar as innumerables fochancas que imperan en todos eles, sen que a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, a socialista Chus Garrote, realice ningunha actuación para solventalo" explican.


Tamén entenden que "non se pode realizar o asfaltado dos mesmos ao seren parcelas que non teñen titularidade municipal, pero si pedimos explicacións ante esta falta de traballos e esiximos a inmediata reparación de todos os aparcadoiros municipais, puntos de gran importancia no desenrolo diario de Ponteareas".

 

 

 

 

"O goberno acordase promociona o comercio local días despois de Noiteboa" sinalan den de ACIP

 

 

 


A propia Alcaldesa, Cristina Fernández, presentou unha campaña de promoción do comercio local o día 29 de decembro, "cando xa había pasado a celebración de Noiteboa, unha das datas de maior incremento de facturación. Este feito di moito da falta de interese do bipartito no pequeno comercio, dificultando o acceso os consumidores e obrigándoos a deixar o vehículo nunhas condicións nefastas".


O  portavoz, Juan Carlos González Carrera, sinala que «o goberno entende que esta é a forma de mostrar o atractivo de Ponteareas, pero o que si esta provocando é a caída das ventas».


"Son moitos os veciños e usuarios nos veñen trasladando a necesidade de case ter que utilizar botas de goma para baixar ou montar no seu vehículo para evitar mollar os pés, minimizando as veces que se desprazan ata o centro urbano de Ponteareas para evitar estacionar o seu vehículo nesas condicións"  explica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.