GALICIA
Podemos pídelle á Xunta e á Deputación de Pontevedra que rectifiquen polo “culebrón Fitur”
Podemos vén de manifestar o seu malestar ante as desavinzas públicas entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra respecto á próxima participación en FITUR e insta ás dúas institucións que reconduzan a situación antes de que se converta no “culebrón Fitur”.
O voceiro do Consello de Coordinación de Podemos en Pontevedra, Román González, amósase moi crítico co cruce de declaracións protagonizado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e indica que “con esta polémica non se está a actuar coa responsabilidade que merecen as institucións ás que representan”.
Podemos pídelle á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra que rectifiquen o que consideran unha polémica estéril e afastada das demandas reais dos galegos e galegas e do sector turístico que ve como a difícil situación que están a atravesar debido á COVID19 se aborda dende a confrontación partidista.
“Non se entende como a estas alturas os partidos que xestionan estas dúas institucións se encerellan nunha disputa de cadeiras, cando o que deberían é tecer marcos de colaboración para facilitar a saída do sector turístico da crise que atravesa”, manifesta Román González quen ademais insta a Xunta e Deputación a reflexionar en común para poñer en marcha de maneira conxunta políticas que verdadeiramente se centren nas necesidades da provincia de Pontevedra e expliquen se para eles “FITUR é simplemente unha foto”.
Román González Garrido: “Non se entende como a estas alturas os partidos que xestionan estas dúas institucións se encerellan nunha disputa de cadeiras”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217