Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O alumnado do IES Ribeira do Louro participa dunha charla sobre agresións e violencia sexual

A conferencia foi impartida por Angélica Mercado, mestra especialista en estudios de xénero e políticas de igualdade

O alumnado de 1º curso de bacharelato do IES Ribeira do Louro, en Torneiros, participou onte dunha charla informativa sobre agresións e violencia sexual.

 

Na conferencia, impulsada desde a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e organizada pola concellería de Igualdade,  abordáronse cos alumnos e alumnas do instituto porriñés os estereotipos de xénero, a tipoloxía de violencia sexual, a cultura da violencia, o consentimento, e outros recursos relacionados coas agresións sexuais.

 

A charla foi impartida por Angélica Mercado Torres, mestra de profesión, especialista en estudios de xénero e políticas de igualdade que conta cunha ampla experiencia en programas a mulleres migrantes e con discapacidade psíquica.

 

A concelleira de Igualdade, Carolina González, que participou da mesma, salientou que “a violencia sexual é un problema na nosa sociedade que debemos abordar dende todos os ámbitos. O máis importante é a concienciación, a formación e a información dende o ámbito educativo para que as nenas e nenos, mozas e mozos se formen e eduquen nos valores da igualdade e o respecto, e  eles serán nun futuro eses adultos que mostren tolerancia cero a calquera tipo de violencia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.